A axencia Mardy Bum participa no desenvolvemento de Feeberse
A axencia Mardy Bum participa no desenvolvemento de Feeberse: a primeira rede social “xogable”
A axencia Mardy Bum, socia do Cluster de Comunicación de Galicia, atópase inmersa na participación do desenvolvemento da próxima rede social global e a primeira “xogable”: Feeberse. Este traballo o leva a cabo xunto a outras empresas galegas e preséntase coma un proxecto internacional, impulsado por inversores estadounidenses, e que xa conta con acordos de colaboración con algúns dos clubs más importantes do planeta, con medios e axencias.
Feeberse trátase dunha plataforma de microvídeos cun catálogo de funcionalidades exclusivas, 100 % orientada ao mundo do fútbol e coa que se pretende conectar a todo o ecosistema de afeccionados, profesionais da comunicación, clubs e futbolistas.
Porase en marcha neste 2024 en España e Hispanoamérica, pero o Galicia Sportech Congress 2024 acolle o seu prelanzamento na mesa redonda: ‘FEEBERSE: presentación da nova rede social de fútbol e xornalismo e omunicación deportiva na era dixital’. Nesta mesa participarán referentes como José Ramón de la Morena.
O acto levarase a cabo o martes, 9 de abril, ás 10.00 horas, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, no Campus a Xunqueira en Pontevedra.
Para acudir, debes completar a inscrición neste enlace: https://galiciasportechcongress.com/registro