Miraveo e Recados Carmen galardoadas nos Premios Mestre Mateo 2024
Miraveo e Recados Carmen galardoadas nos Premios Mestre Mateo 2024
No Cluster de Comunicación de Galicia estamos de noraboa. Dous dos nosos socios foron galardoados na XXII edición dos Premios Mestre Mateo, celebrada no Coliseum da Coruña a pasada fin de semana.
Deste xeito, a produtora coruñesa Miraveo recibiu o premio na categoría de Mellor Serie Web con A arte de ser (mal) pai, unha peza cun relato emocionante sobre a paternidade contemporánea na que Xosé M. Esperante y Jacoba del Llano dan vida a pai e filla nesta historia que conta a súa vez co apoio de AGADIC.
Pola outra banda, o premio ao Mellor Anuncio Publicitario foi para Chama a miña neta da axencia viguesa de creatividade, estratexia e RRPP, Recados Carmen. O seu obxectivo é promocionar falAl, un proxecto de Balide e o grupo atlanTTic da Universidade de Vigo para lograr adestrar unha IA que identifique o idioma galego falado e, para elo, precisa recoller cantas máis voces mellor.
Para nós é un orgullo ver como o talento galego no eido da comunicación medra e é recoñecido en galas de premios como os Mestre Mateo.
Moitos parabéns!