Que é o Cluster da Comunicación en Galicia?
Somos a casa común na cadea de valor da comunicación en Galicia:
Marketing, comunicación, impresión, edición, eventos…
O Cluster está actualmente integrado por 233 entidades,
entre as que se atopan empresas, asociacións, centros tecnolóxicos e de formación.
O Cluster de Comunicación de Galicia conta coa certificación de
Asociación Empresarial Innovadora (AEI), que outorga o Ministerio de Industria.

Que facemos

Que ofrecemos
Melloramos a competitividade dos nosos membros a través de catro vías: comunicación, colaboración, innovación e internacionalización.

Quen somos
Un compendio de 233 entidades, empresas, asociacións, centros tecnolóxicos e de formación, entre as que se atopan: Markea, Dircom, Creatividade Galega…

Vantaxes de ser socio
Os membros do Cluster teñen novas oportunidades. Pensamos todas as actividades e eventos para poñer en valor aos socios e mellorar a súa competitividade.