Xa están á venda as entradas para o Congreso Flúor 2024

Xa están á venda as entradas para o Congreso Flúor 2024

O Congreso Flúor da o seu pistoletazo de saída coa venda de entradas para esta nova edición que se celebrará durante as xornadas do 30 e o 31 de maio en
Pontevedra.

Este 2024, o Congreso Flúor ofrece dous días de conferencias e mesas redondas con máis de 20 profesionais sobre Negocio Dixital, Publicidade Dixital, Branding e
Social Media. Así como workshops de diferentes temáticas e a posibilidade de facer networking e de intercambiar ideas con espazos como ‘Flúor Voices’: un espazo
para a inspiración, un encontro de CEOs e dos líderes máis importantes do panorama nacional, onde reflexionarán sobre o presente e o futuro do marketing.

Esta nova edición tamén contará coa presencia de Luis Bassat, fundador de Bassat Ogilvy, unha das persoas ‘máis influíntes da publicidade’, galardoado co ‘Premio
Paraugas de Honor’ en 2023. Asimesmo, todos os presentes poderán desfrutar da presenza de Toni Segarra, outra das voces más influíntes da publicidade; Andy
Stalman, autoridade e referencia mundial do Branding e a Inés Fonseca, Head of Marketing Southern Europe de Johnnie Walker.

Ata o 25 de abril, as entradas contan con descontos especiais xa que celébranse os días Early Birds.

Podes obter toda a información e adquirir as túas entradas dende a web do Congreso Flúor: https://congresofluor.com/entradas/

Non te perdas esta experiencia para conectar co mundo dixital!