Premios Galicia de Innovación e Deseño 2023

Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca a cuarta edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño para recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvememento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.

Con estes galardóns búscase destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.

Consulta máis información na seguinte ligazón