VI Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia

VI Encontro de Deseño para a
Innovación Empresarial en Galicia:

«O deseño como ferramenta de impacto»

Día: xoves, 29 de xuño
Hora: 10.00 horas
Ubicación: CIS Tecnoloxía e Deseño, Ferrol
Programa: DESCARGA AQUÍ
Inscricións: cistecnoloxiaedeseno.gal

A Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza o VI Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial de Galicia, orientado ao deseño como ferramenta de impacto e como motor de innovación en Galicia.

Nesta edición, o foco céntrase en como o deseño é clave para a consecución de impacto económico, social e medioambiental, tratando cuestións fundamentais como o deseño do propósito, os sistemas de medición, a innovación empresarial, o impacto social no relativo ás persoas e ás solucións inclusivas ou o desenvolvemento sostible como valor estratéxico.

As intervencións no programa do Encontro estruturaranse en tres bloques:

  • Deseño e impacto económico.
  • Deseño e impacto social.
  • Deseño e impacto para o desenvolvemento sostible.

Este VI Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia inclúe algunhas das empresas e axencias de deseño protagonistas do tecido empresarial galego, á vez que se sitúa en liña co novo Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 — DIFERENZA, que dá continuidade á aposta polo deseño para a innovación iniciada pola Axencia Galega de Innovación no ano 2018.

LEMBRA!

Día: xoves, 29 de xuño
Hora: 10.00 horas
Ubicación: CIS Tecnoloxía e Deseño, Ferrol
Programa: DESCARGA AQUÍ
Inscricións: cistecnoloxiaedeseno.gal