I Foro de Comunicación Estratégica – Dircom Galicia

I Foro de Comunicación Estratégica – Dircom Galicia

O Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo, será o encargado de acoller ao I Foro de Comunicación Estratégica de Dircom Galicia o vindeiro 30 de xaneiro ás 9:00h, destinado a empresarios, directivos e organizacións. Neste encontro explicarase a importancia da xestión da Comunicación Corporativa e da Reputación para as compañías como medio para acadar os obxectivos empresariais establecidos abordando os seguintes bloques temáticos:

  • Reputación
  • Propósito corporativo e liderazgo
  • Comunicación interna e atracción do talento
  • Asuntos públicos e relacións institucionais
  • Sostibilidade e ESG
  • Comunicación externa e xestión de crises

Este I Foro de Comunicación Estratégica estará moderado por Teresa Díaz -Faes, presidenta de Dircom Galicia, José Manuel Velasco, formador de portavoces, coach de líderes e profesor de Comunicación Política e Formación de Portavoces na Universidad de Nebrija, José Fernández- Álava, director xeral de DIRCOM e Iván Pino, socio de Riscos, Crises e Formación en LLYC. Ademáis, contaremos con prestixiosos ponentes no eido da comunicación en España como Yago de la Cierva, profesor no IESE Business School da Universidad de Navarra, Carmen Lence, presidenta de Grupo Lence Torres y CEO de Lence (Grupo Leche Río), Federica Pirovano, especialista en comunicación interna en Inditex Italia dende hai máis de 6 anos, Margarita Hermo, directora da Asociación Gallega de la Empresa Familiar, con máis de 20 anos de experiencia, entre outros.

Podes consultar o programa completo aquí