Balance da VIII edición dos Premios Paraugas en Extradigital

O presidente do Cluster fixo balance da oitava edición dos Premios Paraugas nunha entrevista para Extradigital

Alberto Garnil, presidente do Cluster de Comunicación de Galicia, definiu como “un acerto” o traslado dos Premios Paraugas de Ourense a Ferrol, unha localidade que acolleu o certame con ganas e que respondeu á proposta dalgunhas voces de facer uns “Premios itinerantes”. Como resultado, esta edición tivo moita máis implicación das institucións e o feito de facer a gala nun teatro elevou o nivel desta xa consolidada iniciativa.

Nesta entrevista, ademáis, fálase de novas ideas para os próximos eventos do Clúster, da situación actual do sector da comunicación e do márketing galego, do gran éxito da axencia Recados Carmen, dirixida polo propio Garnil, no certame e o do reto que supón para este dirixir o Cluster da Comunicación de Galicia. Pero se algo sacamos en claro é que a VIII edición dos Premios Paraugas foi todo un éxito, con máis de 300 propostas, e un total de 55 finalistas que son un claro exemplo da calidade dos traballos e do talento dos profesionais do sector en Galicia.

Consulta toda a entrevista aquí