Beerfing “Encontros de creatividade e cervexa”

Beerfing, encontros de creatividade e cervexa

 

Beerfing é un encontro en formato pitch & beers do sector da creatividade e da publicidade, organizado polo Cluster da Comunicación de Galicia e Creatividade Galega e patrocinado por Estrella Galicia, que reúne ao talento do sector da creatividade e a publicidade arredor do coñecemento e a experiencia compartida.

A primeira parte do evento consiste nun  workshop no que coñeceremos as novas tendencias que axudarán aos profesionais do sector a manterse actualizados e potenciar a súa creatividade e innovación. Este ano falaremos da Intelixencia Artificial e Publicidade e das diversas ferramentas, casos e usos da mesma no eido creativo e, ademáis, levaremos a cabo unha campaña en tempo real con IA. Todo isto e moito máis da man de profesionais como Jurro Pizarro, Director programas de Tecnocontenido en Madrid Content School e Fundador de La Agencia Encubierta, Dei Arroyo. Coordinador del curso de Inteligencia Artificial en Madrid Content School e Creativo freelance e Tony Gamboa, Integrated Art Director en Havas Play Madrid e  Ilustrador en The Art Warriors.

Pola outra banda, a segunda parte do evento consiste nunhas charlas en dous innovadores formatos,  na que terás a ocasión de compartir a visión know-how de grandes profesionais:

  • Novos valores: dous monólogos de 3 minutos a cargo de novas promesas do sector, que exporán ante profesionais de primeira liña do sector a súa visión, idea ou proxecto.
  • Casos de éxito: dous relatorios de 15 minutos onde as axencias galegas presentarán os seus casos de éxito facéndonos partícipes de todo o proceso.
  • Ponencia estrela: relatorio de 50′ a cargo dun/dunha profesional de primeiro nivel, que compartirá a súa bagaxe e know-how en materia de márketing e comunicación.

Aínda estás a tempo de vivir esta gran oportunidade con nós!

Isncríbete aquí