Aberto o prazo para a convocatoria DeseñaPeme

Aberto o prazo para a convocatoria DeseñaPeme, unha liña de axudas para microempresas, pemes e entidades do terceiro sector

A Xunta de Galicia, través da Axencia GAIN, anunciou a apertura, ata o vindeiro 13 marzo,  da convocatoria DeseñaPeme, unha liña de axudas destinada a microempresas, pemes e entidades do terceiro sector que ten como obxectivo a mellora da innovación e sostibilidade a través da incorporación e a xestión do deseño estratéxico. 

As axudas de DeseñaPeme convócanse conxuntamente con InnovaPeme, favorecendo as sinerxías entre ámbalas dúas convocatorias, coa posibilidade de presentarse só a unha de elas ou as dúas simultáneamente. 

Grazas ás tres primeiras convocatorias de DeseñaPeme, xa foron impulsados 82 proxectos de implementación de deseño nas empresas, unha ferramenta que xa ten demostrada a súa capacidade para acelerar indicadores como o volume de vendas, a conquista de novos mercados, a internacionalización ou a fidelización da clientela.

Actividades subvencionables por DeseñaPeme:

  • Deseño de produto: deseño circular, deseño dixital ou deseño de identidade sempre vinculados ao produto.
  • Deseño de servizos e experiencias: deseño dixital ou deseño de identidade ligados aos servizos e experiencias.
  • Deseño de marca e identidade corporativa: traballos de deseño gráfico, packaging, soportes dixitais, etc. necesarios para configurar a estratexia de branding dunha empresa.

Actividades subvencionables por InnovaPeme:

  • Actividades de innovación: servizos externos que preparan ás pemes para innovar: auditoría, consultoría en produtos/servizos, estudos de viabilidade técnica e industrial, económica ou de mercado previos ao desenvolvemento de produto ou servizo, protección de propiedade industrial, etc.
  • Innovación en procesos: métodos de procesamento de información ou comunicación con intensificación tecnolóxica, de contabilidade ou outras operacións administrativas, de marketing, para promoción, etc, tecnoloxías que faciliten a xestión intelixente das operacións, ciberseguridade ,etc.
  • Innovación en organización: deseño y desenvolvemento de novos procesos de organización que afecten aos métodos de producción, distribución, así como experiencia de usuario no sector industrial e en servicios, creación de departamentos ou unidades de investigación, validación, a través de pilotos, de novos métodos organizacionales de negocio, etc.

Consulta toda a información aquí