8 M: Día Internacional da Muller

8M Día Internacional da Muller

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller, unha data especial para todas as nosas compañeiras do sector da comunicación e do márketing de Galicia. Dende o Cluster de Comunicación de Galicia queremos enxalzar a labor de todas elas, xa que sen o seu traballo, o mundo da comunicación non pode xirar.

Neste 8 de marzo, unimos a nosa voz á de todas as mulleres para reivindicar a igualdade en todos os ámbitos e para que se eliminen todas as barreiras coas que moitas veces o lado feminino da sociedade tivo e ten que loitar. O noso compromiso hoxe está ao carón das mulleres, dende Emilia Pardo Bazán ata Rosa Vilas, a recén premiada co Premio Honorífico nos Premios Paraugas 2023, pasando por todas as xeracións de mulleres que sentaron as bases dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Polas que foron, polas que son e polas que serán. Por ser o xemplo a seguir das futuras xeracións, este 8 de marzo, o recoñecemento é para vós, compañeiras.

Feliz Día Internacional da Muller!