Gala dos Premios Paraugas 2019
30 de novembro
Día máxico na cerimonia dos Premios Paraugas 2019
O pasado venres 29 de novembro celebrouse en Expourense a Gala da IV Edición dos Premios Paraugas. Os premios da Comunicación e do Marketing, que naceron no 2016, recolleron nesta edición grandes proxectos cun talento impresionante, convertendo a Ourense na capital galega da creatividade.
A meta principal destes galardóns é poñer en valor o traballo creativo das empresas galegas, sendo moi especial por entregarse dende o sector para o sector. Como dixo o presidente do Clúster da Comunicación, Xosé Luis Reza: “Estes premios teñen un único fin: recoñecer os vosos traballos e berrarlle ao mundo que en Galicia chove talento”.
O Clúster da Comunicación, coa axuda de patrocinadores e colaboradores, organiza este evento onde se recoñece o talento e o traballo realizado polas empresas galegas nos seus proxectos. Esta difícil tarefa de avaliación foi confiada a un xurado formado polos mellores profesionais do sector, que tiveron que poñerse dacordo para elixir os que, entre todos os finalistas, gañarían os “Paraugas”.
A Gala tivo momentos moi especiais nos que catro personaxes galegos foron homenaxeados pola súa traxectoria laboral e profesional:
- Silvia Jato. A presentadora galega recibiu o primeiro premio da noite, o premio Executivas de Galicia pola súa traxectoria e ser un referente no sector da Comunicación. Silvia agradeceu este recoñecemento e destacou o gran traballo que Executivas de Galicia están a realizar para a nosa comunidade.
- José María Cruz Novillo. A directiva do Clúster foi a encargada da homenaxe a Cruz Novillo, elevando o seu traballo e recoñecemento nacional. O premio entregouselle ó seu fillo, Pepe Cruz.
- Alejandro Rubín. Referencia en Expourense por ser o creador de feiras como Xantar, Termatalia ou Funergal, promoveu desta maneira o poder galego a nivel internacional. Creador tamén da Asociación Galega de Feiras e Eventos, foi honrado pola súa carreira impecable e por manter sempre o listón alto.
- Luís Carballo. Finalmente, peche a homenaxe da sesión, un momento moi emotivo para todos, o recoñecemento a Luis Carballo, que faleceu en febreiro de 2019 aos 80 anos. Os seus dous fillos recibiron o premio, un galardón concedido pola súa gran traxectoria como home publicitario e especialmente como persoa.
Por outra banda, o groso da ceremonia era a entrega dos Premios Paraugas 2019. Sen dúbida, estes galardóns tiveron a Tony, Le Brand e Hijos de Rivera como protagonistas, visitaron tres veces o escenario para recoller os seus premios Paraugas. Axencia e cliente mostráronnos unha química especial, unha conexión fundamental para o éxito conxunto. Destacaron dous proxectos: “Resistencia desde 1906” e “Percebes cervexa sabor fábrica” segunda edición.
Despois das 250 solicitudes presentadas e os 50 proxectos seleccionados, o xurado decidiu premiar ós seguintes participantes.
Categoría Marketing (Premios Avante)
- Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Branding: Elige Bigote. Grupo Nueva Pescanova
- Premio Paraugas á Mellor Acción Relación/Escoita ao Cliente: Elige Bigote. Grupo Nueva Pescanova
- Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Produto: La hucha inteligente de EVO. EVO Banco-Coinscrap
Categoría Comunicación (Premios Galicia Calidade)
- Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Externa: Kómoda, la vida sin energía. Torres y Carrera, Consultores de Comunicación
- Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Interna: Amigo invisible (postales). ABANCA
- Premio Paraugas á Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial: Fundación Knowcosters. BAPCONDE
Categoría Marketing Dixital (Premios .gal)
- Premio Paraugas á Mellor Estratexia Dixital: Somos Semente. Roi Scroll
- Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Negocio Dixital: Estratexia de venda end-to-end para Microsoft. Bysidecar
- Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media: #instaGal. Corporación Radio e Televisión de Galicia
Categoría Creatividade (Premios BySidecar)
- Premio Paraugas á Mellor Creatividade Gráfica: Resistencia desde 1906 – 0,0. Tony Le Brand
- Premio Paraugas á Mellor Creatividade Audiovisual: Fábrica de cervezas – Percebes – Segunda Ed. Tony Le Brand
- Premio Paraugas á Mellor Creatividade no uso dos Medios: DESERTO
Categoría Deseño (Premios GAIN)
- Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico: Perfeccionista/Bodega Davide (packaging). Roberto Núñez
- Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial: Totana. Isaac Piñeiro Design Studio
- Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital: Resistencia desde 1906. Tony Le Brand
Categoría Impresión (Premios HP Indigo)
- Premio Paraugas ao Mellor Traballo Comercial (libro, folleto ou catálogo) impreso con Tecnoloxía Índigo: Libro 40 Aniversario de Agafac. Atelier Gráfica Visual
Categoría Edición
- Premio Paraugas ao Mellor Libro: Mulleres do silencio. Deputación Provincial de Pontevedra
- Premio Paraugas ao Mellor Catálogo Publicitario: Catálogo comercial Vital Bath. Tórculo Comunicación Gráfica
Proxecto cofinanciado por: