Encontro entre empresas dos sector TIC e empresas do Clúster da Comunicación

Encontro entre empresas dos sector TIC e empresas do Clúster da Comunicación

10 de outubro

Encontro entre empresas do sector TIC e empresas do Clúster de Comunicación

O pasado 10 de outubro celebrouse na Cidade da Cultura, o programa “Como innovar a través do deseño, a comunicación e o marketing” entre empresas do sector TIC e o sector do marketing e da comunicación. O obxectivo principal foi proporcionar solucións ás empresas do sector TIC para que poidan chegar ós seus clientes da forma máis eficaz. A xornada desenvolveuse a través dunha serie de encontros bilaterais entre as empresas dos Clusters e charlas sobre marketing e comunicación.

O primeiro dos actos, ProducTICvidad: O papel das TIC no Plan de marketing, foi impartido por Pablo F. Dominguez, consultor senior asociado a Iuni Consulting. Especialista en estratexia e marketing. Principalmente explicou cómo o uso correcto das tecnoloxías da información e a comunicación son capaces de amplificar a produtividade nun Plan de MK.

Por outra banda, a segunda presentación tratou sobre as canles clave nunha estratexia de Marketing dixital, tema presentado por Uxía Fontán, directora de Social Media & Inbound Marketing de Roi Scroll.

Durante aproximadamente 3 horas que durou o encontro, no que participaron 22 empresas de ambos sectores, presentase a oportunidade de intercambiar solucións e produtos tanto en marketing e comunicación coma en TIC, compartir ideas para a xeración de futuros proxectos e ampliar a rede de contactos.