O Cluster está organizando unha misión directa a Perú

maio 2017

En maio de 2017 está previsto a realización dunha misión direta a Perú, na que participarán as seguintes empresas do Cluster: Andavira Editora, Atelier Grafic, Europublic Comunicación, Iuni Consulting, Kalandraka, MC Sports e Nova Galicia Edicións.

Actualmente as empresas participantes están traballando coa consultora contratada a tal efecto, para elaborar a axenda de contactos sobre a que se organizarán as reunións desta misión.

A axenda de contactos foi obtida a partir dun traballo previo que consistíu na creación dunha Base de Datos de Intelixencia de Negocio sobre o Mercado Peruano, desenvolta durante o primeiro semestre do ano 2016.

Esta acción enmárcase dentro das axudas do Igape para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.