As persoas detrás
do Clúster.
A xunta directiva marca o rumbo do Clúster e dá a cara polo sector. Son profesionais de distintas disciplinas que dedican o seu tempo a que a comunicación galega sexa máis forte, máis conectada e máis visible.
Presidenta · ClosetMarta Ferro
Consultora de comunicación e fundadora de Closet en 2012. Delegada de Forbes en Galicia desde 2022 e docente homologada pola EOI. Preside o Clúster cun equipo renovado e a mirada posta en facer medrar o sector.
Vicepresidente · ReclamDomingo Torrón
Director xeral de Reclam desde hai 18 anos, unha empresa con 86 anos de historia. Cre no poder da comunicación e das marcas, e quere integrar toda a cadea de valor do sector con calidade e visión estratéxica.
Secretario · CostaDani Bembibre
Director creativo e estratega con máis de 25 anos en marca e deseño. Fundou Costa en 2014 e traballou para a Xunta, Hijos de Rivera ou Inditex. Premio Galicia de Deseño en 2024.
Tesoureira · NasasFátima Carmena
Dirixe Nasas, axencia creativa dixital da Coruña con 15 anos de traxectoria, dez persoas no cadro de persoal e certificación B Corp. Ten experiencia internacional e foi directiva de Creatividade Galega.
Vogal · Femür ProjectJudit Cabana
Especialista en estratexia, comunicación, innovación e sustentabilidade. Fundou e dirixiu cinco empresas e acompaña desde Femür organizacións que buscan xerar impacto positivo.
Vogal · ImprimeverdeDaniel Rodríguez
Fundador e CEO de Imprimeverde, empresa galega de impresión en gran formato con 19 persoas no equipo. Premio Paraugas ao mellor traballo de impresión en gran formato en 2023 e 2024.
Vogal · ingenyus*David Pequeño
CEO de ingenyus*, axencia de márketing e innovación para proxectos de I+D+i. Con formación científica, usa a comunicación para converter coñecemento en propostas de valor e acelerar a innovación.
Vogal · Profesional independenteChechu Pérez Seoane
Doutor en Comunicación e profesor da Universidade de Vigo, onde foi director de comunicación con dous reitores. Presidiu a Asociación Profesional de Publicitarios de Galicia e coordinou nove anos as campañas da Xunta.
Markea
Asociación Galega de Marketing. Nace en 2012 como espazo común para os profesionais do márketing en Galicia: formación, networking e a defensa do márketing como xerador de riqueza.
Creatividade Galega
Asociación de axencias e creativos de publicidade de Galicia. Reúne unhas sesenta axencias e traballa para elevar o nivel da creatividade galega ante anunciantes, profesionais e estudantes.
Dircom Galicia
Delegación galega da Asociación de Directivos de Comunicación. Desde 2009 traballa para que a comunicación se entenda como unha función estratéxica en empresas e institucións.
OPC Galicia
Asociación galega de empresas de organización profesional de congresos, creada en 1994. Agrupa organizadores e provedores de reunións, congresos e incentivos en Galicia.
Coñece os nosos estatutos.
Os estatutos recollen como se organiza o Clúster: os seus fins, quen pode formar parte, como se elixe a xunta e como se toman as decisións.
Ler os estatutos