Último Afterwork do ano

13 de decembro

Último Afterwork do ano, a estratexia de Relacións Públicas

Despedimos a tempada 2019 do noso Afterwork. Cada mes aprendemos algo diferente grazas a multitude de profesionais e expertos do sector da comunicación que compartiron o seu tempo e experiencia connosco, axudando a todas as empresas que chegaron a progresar como organización.

Este último Afterwork, que se celebrará o 18 de decembro no Círculo de Empresarios de Vigo, contaremos coa presenza da profesora e asesora de comunicación corporativa, Carmen Culebras, profesional licenciada en Dereito e experta en comunicación, con experiencia en medios audiovisuais (La Sexta, Antena 3).

Nesta charla, explicará por qué as Relacións Públicas son un valor de vital importancia para as empresas e coñeceremos en profundidade o beneficio dunha xestión correcta desta ferramenta comunicativa, capaz de mellorar a reputación das empresas fronte os seis `stakeholders´.

Dende o Clúster de Comunicación de Galicia convidámosche a gozar do evento. Se estás interesado/a en participar, podes rexistrarte en: info@clustercomunicación.gal

 

Proxecto cofinanciado por: