PORVIR: Xornadas sobre novas tendencias e o futuro da comunicación

7 de maio

PORVIR: Xornadas sobre novas tendencias e o futuro da comunicación

  • Un encontro virtual no que se abordará o novo panorama da comunicación e as tendencias que se observan nun futuro marcado pola pandemia.

O vindeiro xoves, 13 de maio, celebraremos PORVIR: Xornadas sobre novas tendencias e o futuro da comunicación, que organizamos dende o Cluster da Comunicación xunto con Dircom e o Círculo de Empresarios de Galicia, co obxectivo de analizar a situación actual e as perspectivas futuras do sector da comunicación.

Esta xornada online, que será presentada pola xornalista Luisa López, contará coa participación de expertos e expertas que analizarán o tema dende diferentes puntos de vista.

A través de streaming, o encontro arrancará ás 19:00h ca intervención de Pedro Tasende, Socio Director de Aporta Comunicación na que compartirá a súa visión sobre o importante papel da sostenibilidade na comunicación.

Da man de Luisa Rodríguez, Directora Rexional de Atrevia coñeceremos a importancia dos intanxibles na comunicación baixo o título “As marcas tras a crise: cando os intanxibles se volveron máis tanxibles que nunca”

Seguidamente Gabriela González, Directora de Comunicación e RSE en Vegalsa-Eroski faranos reflexionar sobre a necesidade dunha comunicación responsable no eido empresarial.

Para concluír a programación desta edición de PORVIR, Miguel López-Quesada Director Corporativo de Comunicación e Relacións Institucionais de Gestamp e Presidente de Dircom faranos un esbozo das “Cinco tendencias na comunicación postpandemia”.

Grazas á colaboración de Vegalsa, Atrevia, Aporta Comunicación, Wise e LAS-DOS, teremos unha oportunidade única para coñecer de primeira man o novo contexto actual e a súa repercusión na comunicación das marcas.

Comparte as túas dúbidas e impresións no chat que se habilitará para dialogar cos expertos.

Podes atopar máis información AQUÍ  e inscribirte gratuitamente nesta ligazón.

 

Proxecto cofinanciado por: