Xornada Interclúster. Ferramentas e oportunidades en E-commerce para a industria alimentaria

Xornada Interclúster. Ferramentas e oportunidades en E-commerce para a industria alimentaria

Día: xoves, 21 de setembro
Hora: 10.00 horas
Ubicación: Edificio FEUGA (Santiago de Compostela)
Máis información: clusteralimentariodegalicia.org

O Clúster da Comunicación, xunto co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e en colaboración co Clúster do Ecommerce Galego, participou conxuntamente na organización desta xornada interclúster, que se celebrou o pasado 21 de setembro, en horario de 10.00 a 12.30 horas. O encontro tivo lugar no Edifico FEUGA (Santiago de Compostela).

O evento contou con relatores expertos en e-commerce e márketing dixital co obxectivo de dar a coñecer diferentes ferramentas e oportunidades neste eido. O programa tamén contemplou unha sesión B2B específica, para que as empresas poidan trasladar aos expertos de forma individualizada as súas necesidades e inquedanzas.