XA ESTÁ AQUÍ BEERFING 2022

21 de marzo de 2022

XA ESTÁ AQUÍ BEERFING 2022

Volve o encontro para compartir experiencias, talento, tendencias e creatividade da man do Cluster da Comunicación de Galicia e Creatividade Galega co apoio de ESTRELLA GALICIA.

O próximo 31 de marzo volveremos a vernos en Santiago de Compostela e poderemos compartir impresións entre compañeiros do sector.

Beerfing arrancará ás 16h no Centro Obra Social Abanca cun workshop impartido por C4E Consultora en Innovación, Marketing e Comunicación no que se falará sobre tendencias e o futuro.

A partir das 20h, comezarán as charlas na sala Riquela presentadas pola directora de proxectos de Nasas; Fátima Carmena.

No inicio desta segunda parte, contaremos ca participación de 2 novos talentos que que exporán ante profesionais de primeira liña do sector a súa visión, idea ou proxecto:

DAVID HORTAS, creador de contido audiovisual especializado na publicidade, ca súa charla sobre “Audiovisual e Publicidade: A creación dunha marca persoal

ELENA BENGOA e GABRIEL GARCÍA falarán sobre o proxecto  Freshysweet: Publicidade junior dende a universidade.

A continuación  contaremos coa participación do director de Kindergarten; Carlos Álvarez que presentará un caso de éxito baixo o título “Con un pan debaixo do brazo”. Acto seguido poderemos escoitar a Raúl Bermúdez, director creativo de Chachahá Studio, que presentará outro caso de éxito baixo o título “Na macrogranxa de Pepito… iah iah NO!”.

Para finalizar, Judith Francisco, socia e directora creativa de playoffice falará sobre creatividade nunha charla titulada “Reencadrar a túa creatividade”.

Agardámosvos en Compostela.

Máis información na seguinte ligazón:  WEB BEERFING 

Entidades colaboradoras:

ABANCA-RECLAM-CACTUS DIGITAL- FACULTADE DE CC.SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN (Univ. Vigo).

Canal Uno-Dinahosting-Polygone Studio-Hub-Quattro IDCP-WISE-Ingenio Media-Miraveo -Filkers-Imaxe-Kindergarten-Tony Le Brand-Nasas-Chachacha Studio-Corre Lola Corre-Koolbrand-ElementalChefs-Avante Evolumedia  Xosé Teiga Studio.

Proxecto confinanciado por: