Volta Alento: o programa de apoio gratuíto en comunicación para persoas emprendedoras, que na súa segunda edición dará unha atención especial ao comercio de proximidade

Volta Alento: o programa de apoio gratuíto en comunicación para persoas emprendedoras, que na súa segunda edición dará unha atención especial ao comercio de proximidade

O programa Alento está impulsado polo Clúster da Comunicación de Galicia e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Consiste nun catálogo de servizos con solucións de márketing e comunicación ao que accederán iniciativas emprendedoras de forma gratuíta.

Nesta segunda edición desde Alento daráselle unha consideración preferente a aqueles proxectos empresariais que estean vencellados ao comercio local ou de proximidade ou que se localicen en concellos galegos de menos de 25.000 habitantes. Deste xeito, búscase contribuír ao equilibrio territorial e á dinamización do medio rural ou semiurbano.

O prazo para participar xa está aberto. As persoas interesadas só deben cubrir o formulario dispoñible na páxina web do programa. O prazo de inscrición remata o 12 de maio.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024 – O Clúster da Comunicación de Galicia coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no marco dun convenio de colaboración, poñen en marcha a segunda edición do programa “Alento, impulso á comunicación para emprender”. Alento é un proxecto destinado a que as iniciativas emprendedoras de Galicia accedan a un catálogo de servizos de comunicación e márketing de forma gratuíta, co obxectivo de mellorar como se perciben os seus produtos ou servizos, promocionalos ou saber establecer conexións cos clientes. As persoas interesadas poderán enviar a súa solicitude a través do formulario dispoñible na páxina web ata o 12 de maio.

Con este programa, as persoas beneficiarias terán acceso a un catálogo de servizos relacionados coa comunicación, o márketing, o deseño, o audiovisual, o ecommerce ou a impresión. Poderán elixir que servizo precisan e tamén a empresa proveedora do mesmo. Nesta edición o número de empresas provedoras, que pertencen ao Clúster da Comunicación de Galicia, amplíase a 38.

O programa está dirixido a iniciativas emprendedoras –tanto profesionais autónomos como pequenas empresas– que teñan a súa orixe en Galicia, de calquera sector. Ademais, estas iniciativas deberán ter unha antigüidade máxima de 42 meses. Como novidade nesta segunda edición, desde Alento daráselle unha consideración preferente a aqueles proxectos empresariais vencellados ao comercio local ou de proximidade ou que se localicen en concellos galegos de menos de 25.000 habitantes. Deste xeito, búscase contribuír ao equilibrio territorial e á dinamización do medio rural ou semiurbano.

Alento busca, deste xeito, ofrecer ás iniciativas emprendedoras ferramentas para que, nun mercado altamente competitivo, consigan xerar valor entre os seus clientes e manter unha oferta diferenciadora con marcas fortes e sostibles. Para estes obxectivos, a comunicación e o márketing son ámbitos esenciais. As e os profesionais e empresas do Clúster da Comunicación de Galicia póñense así ao servizo de novos talentos e ideas para brindar experiencia e innovación.

Alento está impulsado polo Clúster da Comunicación de Galicia coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no marco dun convenio de colaboración entre ambas entidades.