Vertical Summit Galicia 2024 celébrase o 15 de outubro para reunir ao ecosistema empresarial galego
Vertical Summit Galicia 2024 celébrase o 15 de outubro para reunir ao ecosistema empresarial galego
Vertical Summit Galicia 2024 é un foro de desenvolvemento profesional de ámbito de actuación galego. Nel poderase acceder a contidos de gran valor, escoitar a empresarias e empresarios de éxito, mesas redondas onde se exporán modelos de negocio de diferentes empresas, coñecer de primeira man os próximos movementos de empresas que forman parte do día a día dos usuarios, saber o que se debe facer e, sobre todo, o que non debemos facer para ter éxito empresarial.
Contarase cun podcast en directo chamado ‘El Cuarto Vertical’, haberá un segundo espazo ao máis puro estilo speaker corner onde escoitaranse pitch de 4 minutos por empresa ou caso de éxito e un terceiro espazo a modo de esceario Vertical onde as mesas redondas express permitirán aprender de moitas empresas e emprendedores.
Haberá máis de 30 relatores, 10 asociacións empresariais e 10 podcast. Ademais, o Cluster da Comunicación de Galicia participa nunha mesa moderada por Marta Ferro de Closet Comunicacion e na que interveñen Jerónimo Cabana de Bannister Global e Ángela Caruncho de Torres y Carrera.
Os obxectivos deste foro
- Ser un espazo de reunión do ecosistema empresarial de Galicia.
- Coñecer todas aquelas ferramentas que teño ao meu alcance como empresa para mellorar aspectos fundamentais.
- Xerar negocio co ecosistema empresarial galego.
- Coñecer casos de éxito e empresas referentes.
- Networking e sinerxias reais.
A quen vai dirixido
- Empresas.
- Emprendedores.
- Asociacións empresariais.
- Clústeres de Galicia.
Entradas
Únicamente se poñen á venda 100 accesos e hai tres tipos:
VERTICAL SUMMIT PLUS
-
- De 09:30 a 16:30h.
- Acceso a todos os espazos.
- Inclúe o congreso completo.
- Inclúe a experiencia Lunch de 14:00 a 16:30h.
VERTICAL SUMMIT
- De 09:30 a 14:00h.
- Inclúe o espazo congreso.
VERTICAL SUMMIT LUNCH
- De 14 a 16:30h.
- Inclúe a experiencia Lunch de 14 a 16:30h.
Merca as túas entradas nesta ligazón: https://bit.ly/3A3mJpR