Unha xornada para coñecer as oportunidades para empresas de comunicación en proxectos Horizonte Europa

Unha xornada para coñecer as oportunidades para empresas de comunicación en proxectos Horizonte Europa
O vindeiro 21 de marzo a Axencia Galega de Innovación organiza, ca colaboración, no marco do programa PEMEuropa, un evento de presentación sobre as moitas oportunidades de participación das entidades dedicadas á comunicación, marketing e divulgación en proxectos Horizonte Europa, que este ano concederá arredor de 7.000 millóns de € en subvencións.
Oportunidades para a comunicación en proxectos europeos
Todo proxecto financiado polo programa Horizonte Europa debe conter obrigatoriamente un plan e actividades de comunicación e divulgación de resultados, nos que a aportación dunha entidade dedicada a estos ámbitos pode xogar un papel moi relevante. Ademáis moitas proxectos precisan de estratexias e campañas de comunicación para acadar os seus resultados, como, entre outros, os que se centran en saúde, no desenvolvemento de solucións de intelixencia artifical ou na promoción da conservación do medio ambiente.
Esta xornada ten por obxetivo profundizar en todos estes aspectos para axudar a valorar as oportunidades que ofrecen estas convocatorias e as posibilidades de participar empresas de comunicación e marketing.
Data e hora:
A xornada terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes s/n) a partir das 09.45h.