Total Print Congress 2023

Total Print Congress 2023

O Total Print Congress é un foro específico creado para analizar as tendencias actuais no campo da impresión, concebido como un espazo de encontro entre os principais operadores de tecnoloxía de impresión a nivel internacional, servizos auxiliares de mantemento, fabricantes e proveedores de papel, institucións e empresas demandantes de servizos de impresión. Así, o programa inclúe diversas mesas de traballo centradas en temáticas de interese como a Axenda 2025, a impresión comercial (elemento de comunicación do futuro), o packaging e a sustentabilidade.

A través desta iniciativa, o Clúster da Comunicación de Galicia quere poñer en valor o ámbito da impresión ao longo de toda a súa cadea de valor, polo que os materiais, os acabados e as diversas estratexias neste eido terán visibilidade durante o foro.