Tres propósitos para ir máis alá na dixitalización do teu negocio
Tres propósitos para ir máis alá na dixitalización do teu negocio
Tanto se es unha axencia que axuda a pequenas e medianas empresas a dixitalizarse, como se emprendiche e levas a xestión do teu negocio online, desde dinahosting danche tres propósitos para axudarche coa dixitalización da túa páxina web ou tenda online para este 2023.
Crea un blogue para a túa web ou tenda online
Un blogue axudarache a mellorar o posicionamento de algunhas das túas palabras clave e a levar máis visitas á túa web ou ecommerce. Ademáis, un blogue é unha moi boa oportunidade para escribir sobre aquelo no que es bo, polo que mellorarás a túa imaxe de marca. Tamén é unha moi boa fonte de contido para as túas redes sociais e para fomentar o linkbuilding.
Rexistra varios nomes de dominio
O habitual cando empezas un negocio online é rexistrar un dominio .COM ou .ES. Pero, e se vendes tamén en Galicia? O mellor que podes facer é rexistrar varios nomes de dominio para protexer a túa marca, multiplicar as posibilidades de que te atopen, e evitar que terceiros poidan empregar o teu nome de marca con outro dominio.
Deixa de utilizar contas de correo xenéricas
Moitos dos nosos clientes -indican desde dinahosting- aínda seguen usando como conta corporativa o seu antigo Gmail, Outlook ou Yahoo. Que cres que impacta máis no teu cliente, un exemplonomedoteunegocio3346@gmail.com ou info/departamento@nomedoteunegocio.com/.es/.gal? E non só falamos do naming da túa conta de correo, senon tamén a que, grazas a ter un nome de dominio rexistrado, poderás crear todas as contas de correo que precises para cada departamento.
Xa ves que estos tres consellos non son imposibles, e marcarán a diferencia da túa tenda online ou páxina web para este 2023.