Reunión coa Confederación de Empresarios de Pontevedra

25 de xuño

O presidente do Clúster da Comunicación Gráfica, Xosé Luis Reza, acompañado por Amalia Baltar e Mari Carmen García, membro da xunta directiva e xerente do Clúster da Comunicación Gráfica respectivamente, reuníronse co Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros, e parte da súa xunta directiva.

O encontro foi moi produtivo e tratáronse distintos temas de interese para as empresas de ambas agrupacións. Como froito desta reunión abríronse vías de colaboración das que pronto se informará.

 

Proxecto cofinanciado por: