Liña de internacionalización. Establecemos un convenio con ByGalicia creando unha ferramenta que favorece este proceso.
Plataforma tecnolóxica de innovación. É un lugar de encontro e diálogo. Con ela creamos sinerxías entre empresas e axentes da nosa cadea para participar na planificación da Axenda Estratéxica de Investigación (AEI).
Identificamos proxectos de innovación. Vinculados a combinar soportes gráficos tradicionais e novas tecnoloxías, novas ideas no punto de venda e accións de mellora de packaging.
Departamento de asesoría laboral. Con el cubrimos as necesidades, dúbidas e trámites dos asociados.
Reorientación da actividade e do modelo de negocio. Traballamos para xerar novos servizos, produtos e soportes.
Formación e traballo. Desenvolvemos plans de formación e grupos de traballo centrados nas tendencias do sector e promocionamos proxectos colaborativos e estratexias de comunicación dixital.
Novos mercados. Estamos presentes en misións e accións comerciais internacionais e damos información sobre potenciais mercados de interese, promocionando ás nosas empresas coa súa presenza en feiras.
Networking e xeración de negocios entre membros. Sempre fomentamos a cooperación e o traballo en rede entre empresas vinculadas coa comunicación gráfica, impulsamos convenios e acordos.