Plan estratéxico
Innovación, novos mercados, novos produtos e notoriedade son os catros grandes eixes dun Plan que se divide en 16 liñas de actuación e 77 accións específicas:
- Proxección estatal e internacional.
- Agrupación empresarial innovadora.
- Unidade de apoio á internacionalización.
- Orientación innovadora.
- Cualificación dos recursos humanos.
- Relacións transversais co resto dos clusters.
- Fomento da cooperación entre empresas.
- Consolidación da estrutura do cluster.
SIMBIOTIC. Un proxecto de desenvolvemento da realidade aumentada aplicada ao soporte gráfico e editorial, ideado para que as empresas galegas do sector poidan crear produtos que incorporen esta atractiva tecnoloxía a un custo reducido para as pemes. Traballamos con Gradiant, co Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Eosa Consultores e co financiamento do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.
Foro Reimprímete
Nel sumamos 20 asociacións da cadea da comunicación gráfica e do libro para poñer en valor os contidos impresos en soporte papel.
Tamén organizamos e estamos presentes en foros e afterworks ao longo de todo o ano, onde abordamos temas de máxima actualidade relativos ao día a día dos nosos asociados.