Programa Galicia Avanza. Convocatoria 2023

Programa Galicia Avanza 2023

O programa Galicia Avanza, para acelerar a internacionalización das pemes galegas, iniciou nova convocatoria para 2023. O prazo de solicitude estará aberto ata o martes 28 de febreiro.

Galicia Avanza é unha iniciativa da Xunta de Galicia, xunto co Igape – Instituto Galego de Promoción Económica- e a Tecnópole -Parque tecnolóxico de Galicia-.

O obxectivo do programa é axudar a que a innovación galega logre alcanzar unha posición relevante no mercado internacional, ou fortalecer a súa presencia no estranxeiro no menor tempo posible.

As destinatarias deste programa serán 30 pemes galegas, cuxa actividade garde relación coa tecnoloxía e que pertenzan a calquera sector que ofreza un produto ou servizo innovador, susceptible de ser desenvolvido no estranxeiro.

Máis información e inscricións en tecnopole.es/galiciaavanza