Profesionais da comunicación e do márketing reúnense en Vigo para reflexionar sobre os erros que lles fixeron aprender como emprendedores

Profesionais da comunicación e do márketing reúnense en Vigo para reflexionar sobre os erros que lles fixeron aprender como emprendedores
Na mañá do venres 19 de xullo reuníronse na Galería Maraca de Vigo profesionais e empresas na xornada ‘Cousas que non saíron ben: confesións de comunicadores’. Onde socios e socias do Clúster da Comunicación de Galicia compartiron a súa experiencia como emprendedores a través de erros e situación complicadas ás que fixeron fronte, así como as leccións que sacaron destas vivencias.
A xornada enmarcouse na presentación do programa ‘Alento, impulso á comunicación para emprender’, un proxecto destinado a que as iniciativas emprendedoras de Galicia accedan a un catálogo de servizos de comunicación e márketing de forma gratuita, co obxectivo de que melloren como se perciben os seus produtos ou servizos, promocionalos ou saber establecer conexión cos clientes. Unha iniciativa impulsada polo Clúster da Comunicación de Galicia e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Durante a presentación interviron Pablo Fernández, Secretario Xeral de Emprego e RRLL; Marta Mariño, Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social e Alberto Garnil, presidente del Clúster da Comunicación de Galicia. Desde a Consellería de Emprego puxeron en valor o programa por manter o contacto directo cos emprendedores ofrecéndolles servizos esenciais que ás veces non logran conseguir en etapas iniciais. Dende o Clúster da Comunicación destaca a importancia de Alento para lograr que as iniciativas emprendedoras cheguen a posicionar e comunicar ben a súa marca. Durante a presentación tamén fixeron memoria dos seus inicios no mundo profesional ou político, recordando anécdotas que compartiron co público asistente.
Erros e acertos dende a primeira etapa ata o trato con clientes
A xornada compúxose de tres mesas redondas con tres participantes, maioritariamente empresas do mundo da comunicación e do márketing. Na primeira de elas, ‘Tropezóns e triunfos’ participaron Daniel Rodríguez, CEO de Imprime Verde; Xiana Vidal, CEO da axencia Trend e José Rodríguez, CEO de Asomados. Os tres recordaron como viviron as primeiras etapas das súas empresas, os retos aos que se enfrentaron e algunas leccións que aprenderon despois dalgunha decepción. Historias das que o público asistente, emprendedores e emprendedoras, poideron aprender.
Na segunda mesa, ‘Leccións de fracaso con clientes’, tratouse a relación cos clientes, neste caso, con empresas que demandan servizos de comunicación e márketing e as dificultades que poden xurdir á hora de sacar adiante proxectos con éxito. Participaron Beatriz Pereira, CEO de Luni Strategic Marketers; Javier Herranz, CEO de Siete Olas e Jaime Barreiro, xerente de Cacturs Digital. Xuntos reflexionaron sobre como identificar as necesidades dun cliente e enfrontarse a imprevistos ou cambios de rumbo.
Por último, na mesa ‘Erros que ensinan: historias de emprendedores’, Pablo Zentolo, fundador e director creativo de Rei Zentolo; Rosana Agrelo, cofundadora e CEO de The Painter´s Wife e Raúl Bermúdez, fundador de Chachachá Studio e responsable da Galería Maraca, recordaron situación que puxeron a proba a súa resilencia e situación que parecían complicadas ás que lograron sacarlle unha ventaxa ou oportunidade.
O programa Alento está impulsado polo Clúster da Comunicación de Galicia y a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, integrado no programa anual de actividades do Centro de Orientación de Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego de Galicia, no marco do proxecto de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-Nextgeneration UE.