O Clúster da Comunicación de Galicia e Creatividade Galega firman o primeiro acordo coa asociación Más Mujeres Creativas

O Clúster da Comunicación de Galicia asina o primeiro acordo para buscar a igualdade no sector creativo asinando o programa “Una de Dos”, de Más Mujeres Creativas

O Clúster da Comunicación de Galicia e Creatividade Galega únense á iniciativa da asociación Más Mujeres Creativas “UnaDeDos, coa que procurarán conseguir un 50% de representatividade das mulleres nos postos de dirección creativa e nos foros públicos da industria en Galicia. Un compromiso pioneiro na procura da igualdade no sector na comunidade que secundan as máis de 200 axencias e profesionais que forman parte do Clúster da Comunicación de Galicia.

UnaDeDos é unha iniciativa de Más Mujeres Creativas co obxectivo de fomentar un compromiso conxunto das principais marcas e axencias de comunicación comerciais de España, apoiadas por medios e institucións, para cambiar a representación das mulleres na comunicación de marcas a través do impulso do liderazgo, visibilidade e influencia das mulleres profesionas da industria da comunicación, destacando as posicións creativas. Para conseguilo, UnaDeDos propón unha representatividade do 50% de mulleres nas direccións creativas e foros públicos do sector. É o primeiro acordo que Más Mujeres Creativas firma coa industria galega, co obxectivo tamén de “descentralizar” o seu impacto como asociación.

Esta tarde firmaron o compromiso de unión ao programa José Manuel Regueiro, secretario do Clúster da Comunicación de Galicia, quen afirmou que con esta firma o Clúster procura “fomentar un entorno que motive a participación equitativa e visibilice as capacidades de todas as persoas, tamén para inspirar ás novas xeracións a apostar por un sector inclusivo e dinámico”. Carla Varela, vocal da xunta directiva de Creatividade Galega sinalou que o compromiso é “un paso chave para fomentar a igualdade no sector, un acto de justicia que tamén favorecerá a creatividade en Galicia”. Susana Pérez, presidenta de Más Mujeres Creativas, explicou a historia da asociación destacando que os obxectivos son lograr máis representatividade das mulleres en postos de dirección e lograr unha visión da muller na publicidade máis xusta”. Iria Otero, membro da xunta directiva de Más Mujeres Creativas destacou que esta foi “a primeira vez que se firma un compromiso real coa industria para a visibilización das mulleres do sector”.

Depois deste evento as integrantes de Más Mujeres Creativas impartiron un obradoiro sobre perspectiva de xénero na publicidade para 25 profesionais do sector. Susana Pérez e Iria Otero explicaron mediante un obradoiro práctico como a igualdade é unha oportunidade para mellorar a industria. O eventos será tamén un punto de encontro para profesionais da industria galega e socias da asociación Más Mujeres Creativas. Esta actividade contou co apoio da Xunta de Galicia.