O reencontro máis agardado da comunicación e do márketing de Galicia
12 de novembro de 2021
O reencontro máis agardado da comunicación e do márketing de Galicia
A gala dos Premios Paraugas regresou a Expourense co formato presencial para recoñecer as boas prácticas no eido da edición, da impresión, do deseño, da creatividade, do márketing e da comunicación das entidades galegas.
Clúster da Comunicación de Galicia entregou esta tarde, no recinto feiral de Expourense, os VI Premios da Comunicación e do Márketing de Galicia, Premios Paraugas, que se crearon en 2016 co obxectivo de recoñecer publicamente o bo facer das empresas e dos profesionais que traballan en toda a cadea de valor da comunicación dentro da nosa comunidade autónoma. Na edición deste ano entregáronse un total de 19 galardóns. O Premio Paraugas ao Mellor Congreso e o Premio Paraugas ao Mellor Incentivo de Empresa quedaron desertos por mor da pandemia.
No marco da convocatoria, establecéronse 7 categorías de premios (con 21 subcategorías en total) ás que optaron preto de 250 candidaturas, cifra que pon de manifesto o crecente interese por un evento que, ano tras ano, se consolida como a gran festa galega da comunicación.
A esta Gala asistiron máis de 300 persoas pertencentes ó ámbito empresarial, social e institucionalgalego. Tamén puido seguirse en directo tanto a través da web oficial dos Premios Paraugas coma a través da web da TVG, contando cun seguimento de máis de 600 conexións.
Relación de premiados:
A continuación, detállanse as empresas e organizacións distinguidas no marco de cada unha das categorías:
Categoría Edición e Impresión (Premios HP Indigo)
Categoría Edición
Premio Paraugas ao Mellor Libro
- Ensamble Isaac. Tórculo Comunicación Gráfica
Premio Paraugas ao Mellor Traballo de Publicidade Comercial
- Catálogo 2021. Tórculo Comunicación Gráfica
Categoría Impresión
Premio Paraugas ao Mellor Traballo Comercial (libro, folleto ou catálogo)
feito en Impresión Dixital
- El cuaderno alado. Gráficas Anduriña
Categoría Deseño (Premios GAIN)
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico
- Identidade corporativa de Katarsis. Kindergarten
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto
- CAMBO Familia de luminarias de interior. Cenlitrosmetrocadrado/a-emotional light
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital
- EASD Antonio Faílde. 988 Deseño e Arquitectura
Categoría Creatividade (Premios Roi Scroll)
Premio Paraugas á Mellor Idea
- Restyling Acción Tatoo. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)
Premio Paraugas á Mellor Campaña
- Sabemos que sempre o levarás dentro. Unifersa (Clickfer)
Premio Paraugas á Mellor Produción (Craft)
- Una cerveza como Dios manda. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Abadía dos
Monxes)
Categoría Márketing Dixital (Premios PuntoGal)
Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Márketing Dixital
- #MisMotivosVueling. Torres y Carrera
Premio Paraugas á Mellor Campaña de Produto ou Servizo
- Estratexia de venda dixital & CRO para Adeslas. Bysidecar
Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media
- Cabo de Peñas. Quattro idcp
Categoría Márketing (Premios Avante)
Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de ‘Branding’
- Las Estrellas del Camino. Hijos de Rivera (Aupa/Ymedia/Proximia)
Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Produto/Servizo
- Campaña de lanzamento das infusións Wize Monkey. Cafés Candelas
(Ma Agencia/Desoños/Zeltia Stadelmann)
Premio Paraugas á Mellor Acción de Promoción de Vendas
- Promoción 0’0 Emisiones. Hijos de Rivera (Grupo 76)
Categoría Comunicación (Premios Galicia Calidade)
Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Externa
- Km.C. Hijos de Rivera (Idea Creatividad/Proximia Havas)
Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Interna
- Plan de embajadores Bysidecar. Bysidecar
Premio Paraugas á Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade
Social Empresarial
- Colleita propia. Aceites Abril
Categoría Eventos (Premios tac! activando el recuerdo de tu marca)
Premio Paraugas ao Mellor Evento
- SON Estrella Galicia Posidonia: El Reencuentro. Hijos de Rivera (Costa)
Premio Paraugas ao Mellor Congreso
Deserto
Premio Paraugas ao Mellor Incentivo de Empresa
Deserto
AGRADECEMENTO
Aproveitamos para agradecer aos nosos patrocinadores o seu inapreciábel apoio o noso sector e que fan posible que, a través dos Premios Paraugas, se poida poñer en valor o excelente traballo que se fai desde as empresas galegas:
Galicia Calidade–Inorde (Instituto Ourensá de Desenvolvemento Económico)-HP–Gain(Axencia Galega de Innovación)-Roi Scroll–PuntoGal-Avante Evolumedia–Tac!Activando el recuerdo de tu marcar.
Tamén agradecemos o apoio dos nosos colaboradores:
Atelier Gráfica Visual, Miraveo, Aceites Abril, Tórculo, Wise, Markea, Dircom, Creatividade Galega, Opc Galicia e Executivas de Galicia.
Máis información en : Premios Paraugas
Proxecto cofinanciado por:
![]()



