O programa Alento pecha con éxito a súa primeira edición cun evento na Coruña sobre a importancia da comunicación para emprendedores

O programa Alento pecha con éxito a súa primeira edición cun evento en A Coruña sobre a importancia da comunicación para emprendedores
O Clúster da Comunicación de Galicia pechou esta mañá na Coruña a primeira edición do programa “Alento: impulso á comunicación para emprender”, froito do convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Clúster da Comunicación de Galicia, que axudou a ata 27 iniciativas emprendedoras a acceder a estos servizos, ofertados por membros do Clúster, de forma gratuita.
El programa púxose en marcha durante o verán e accederon a él iniciativas emprendedoras de distintos Polos de Emprendemento de Galicia. Con Alento accederon a un amplio catálogo de servizos relacionados coa comunicación e o márketing, dende poder realizar un plan ou estratexia de comunicación, imprimir e deseñar material publicitario ou crear anuncios en vídeo. Como broche final a este programa celebrouse esta mañá no Bunker Miraveo de A Coruña o evento “O reto de comunicar sendo emprendedor: erros, acertos e anécdotas”, no que participantes do programa Alento e profesionais do Clúster compartiron en distintas mesas erros e acertos relacionados coa comunicación dos seus proxectos.
Pablo Fernández, Secretario Xeral de Emprego e RRLL e Alberto Garnil, Presidente Clúster da Comunicación de Galicia, reflexionaron sobre os resultados dun programa que califican como “éxito” á hora de aportar aos emprendedores un servizo esencial para as súas empresas ao que moitas veces non teñen acceso. O programa Alento contou cunha gran acollida entre os participantes, tanto dende o punto de vista dos emprendedores como dos profesionais do Clúster que brindaron os seus servizos.
A xornada comenzou cunha charla entre Fátima Carmena, directora da axencia Nasas; Javier Varela, consultor de márketing e director de proxectos en Javier Varela Marketing y Aïnhoa Mallo directora global e de cultura corporativa de Demadi na mesa “Estratexias de comunicación que conquistaron”. Os profesionais recordaron casos de éxito nos seus proxectos e, na actividade Carrusel comunicativo 9×9 Tips efectivos de comunicación en 9 minutos, ofreceron consellos aos emprendedores asistentes sobre as claves para unha comunicación efectiva das súas marcas ou empresas. Na mesa “Erros de comunicación como principiante” Ariana Fernández, CEO da Start Up LP10 e Presidenta da Asociación de Cosmética de Galicia; Jairo Aldana, director xeral de Miraveo e Aída Cordero, directora e fundadora de Attesor, reflexionaron sobre os seus primeros pasos á hora de comunicar sobre as súas empresas e facerse ver no mercado.
Os participantes de Alento, Agustina Pereira, xerente de Sisubvenciones; Alejandro Cortizas, xerente de Alfacolor; Adriana Otero, cofundadora de Rusán Mobiliario y Juan Pablo Ferreiros, xerente de Cervexas Píntega, compartiron as súas impresións sobre o programa na mesa “Experiencias Alento” na que destacaron a importancia de poder acceder a estos servizos de comunicación e márketing para impulsar os seus proxectos e a facilidade á hora de acceder ao programa.
Alento está impulsado polo Clúster de Comunicación de Galicia e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, integrado no programa anual de actividades do Centro de Orientación de Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego de Galicia, no marco do proxecto de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea- Nextgeneration UE.