O programa Alento, con servizos de comunicación e márketing gratuitos para emprendedores, amplía o seu prazo de solicitude

O programa Alento, con servizos de comunicación e márketing gratuitos para emprendedores, amplía o seu prazo de solicitude

 

O Clúster de Comunicación de Galicia e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración amplía o prazo de recepción de solicitudes para o programa “Alento, impulso á comunicación para emprender”, un proxecto destinado a que as iniciativas emprendedoras de Galicia accedan a un catálogo de servizos de comunicación e márketing de forma gratuita, co obxectivo de que logren mellorar o xeito no que se perciben os seus productos ou servizos, promocionalos ou saber establecer conexión cos clientes. As e os interesados poderán enviar a súa solicitude ata o 26 de xullo, incluído, a través do formulario disponible na páxina web do programa.

O programa está dirixido a iniciativas emprendedoras – tanto profesionais autónomos coma pequenas empresas – que teñan a súa orixe en Galicia, de calquera sector. Ademais, estas iniciativas deberán ter unha antiguedade de como mínimo 12 meses e como máximo de 42 meses. Terán preferencia os proxectos vinculados á Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia. No momento da solicitude terán que escoller un dos 10 servizos que ofrece o catálogo de Alento – disponible na páxina web www.programaalento.gal – así como a empresa encargada de promocionalo. Esta empresa estará vinculada ao Clúster da Comunicación de Galicia.

O programa Alento busca, deste xeito, ofrecer ás iniciativas emprendedoras as ferramentas para que, nun mercado altamente competitivo, logren xerar valor entre os seus clientes e manter unha oferta diferenciadora con marcas fortes e sostibles. Para estos obxectivos, a comunicación e o márketing son ámbitos esenciais. Os profesionais e empresas do Clúster de Comunicación de Galicia póñense así ao servizo de novos talentos e ideas para brindar experiencia e innovación.

O programa presentarase no evento ‘Cousas que non saíron ben’, o próximo 19 de xullo na sala Maraca en Vigo. Neste encuontro destacadas persoas emprendedoras da industria da comunicación compartirán as súas historias auténticas e reveladoras sobre os erros que cometeron ao iniciar as súas empresas. Podes acudir inscribíndote aquí.

Alento está impulsado polo Clúster de Comunicación de Galicia e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, integrado no programa anual de actividades do Centro de Orientación de Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego de Galicia, no marco do proxecto de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea – Nextgeneration UE.