‘O encontro da Toxa’ celebrarase nos próximos 11 e 12 de xullo para falar da transformación dixital e a IA

‘O encontro da Toxa’ celebrarase nos próximos 11 e 12 de xullo para falar da transformación dixital e a IA

O Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) organiza a cuarta edición de ‘O encontro da Toxa’, un foro de referencia no que conflúen o ecosistema empresarial, o mundo académico e o sector público galego. Este evento celebrarase nos próximos días 11 e 12 de xullo no Pabellón de Congresos e Exposicións da Toxa e conta co apoio do Clúster da Comunicación de Galicia.

‘O encontro da Toxa’ é sinónimo de interación, de entendemento e sinerxias: o punto no que Galicia atópase con Galicia. O lema deste ano é ‘Transformación dixital e IA’ e conta cun total de 20 mesas e relatorios de acceso gratuito para analizar a relación da IA coa competitividade, o papel da ciberseguridade e o risco empresarial, as novas tecnoloxías na cadea de valor, a análise de intelixencia ou o impacto da IA na estratexia organizacional.

Participantes na pasada edición de 'O encontro da Toxa'.
Participantes na pasada edición de ‘O encontro da Toxa’.

 

Os obxectivos principais do encontro son:

  • Impulsar o desenvolvemento de Galicia e a súa sociedade a través dun espazo de diálogo e cooperación entre a empresa, o mundo universitario e o sector público.
  • Poñer o foco en cuestións chave para o ecosistema empresarial e social galego a través de voces expertas.
  • Reflexionar e compartir ideas sobre o futuro estratéxico de Galicia.
  • Construir vínculos e sinerxias para incrementar a competitividade da nosa economía e impulsar o crecemento e a xeración de riqueza.

O programa desenvolverase en dúas salas:

  • Na Sala A Toxa abordaranse contidos de interese en relación á Transformación Dixital e á Intelixencia Artificial.
  • Na Sala CESUGA presentaranse proxectos e mesas de debate sobre emprendemento e innovación tecnolóxica.

O presidente do Clúster da Comunicación de Galicia, Alberto Garnil, participará na presentación de ‘Programas de apoio emprendedor da Xunta: Polos de Emprendemento e Viveiros
Industriais’, que terá lugar o xoves 11 de xullo ás 12.00 horas na Sala CESUGA.

Alberto Garnil durante ‘O encontro da Toxa’.

 

Podes acceder a todo o programa a través deste enlace.

Ademais, o CESUGA permite a participación nos almorzos e nas sesións de networking a todas aquelas persoas que se inscriban e que paguen unha cuota. As inscricións pódense realizar dende a propia páxina web do evento.

‘O encontro da Toxa’ permitirá coñecer, a través da visión de grandes expertos, os desafíos e oportunidades que implica  avance veloz da revolución dixital para pymes e grandes empresas, nun futuro onde a innovación e a eficiencia converxen. Un espazo no que estudarase como os emprendedores aplican a transformación dixital e como está cambiando a forma de crear novos negocios.