O congreso de márketing Flúor consolídase en Pontevedra coma un evento referente que enche a cidade de “talento e creatividade”
O congreso de márketing Flúor consolídase en Pontevedra coma un evento referente que enche a cidade de “talento e creatividade”
- Na inauguración institucional participaron Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra e José González Vázquez, Conselleiro de Emprego. “Pontevedra é unha cidade que exporta talento internacional”, sinalou Fernández Lores
- O evento está organizado pola Clúster da Comunicación de Galicia e na súa primeira xornada reuniu ata 600 persoas para escoitar a referentes da publicidade como Luis Bassat
- Flúor é un lugar de reunión para empresas, axencias e profesionais dos sectores da comunicación, publicidade ou creatividade, con espazos de networking e obradoiros
O congreso de marketing Flúor arranca hoxe en Pontevedra a súa sexta edición. A ciudade galega convértese así, durante os días 30 e 31 de maio, no referente para os profesionales de márketing, publicidade e comunicación. Á inauguración institucional do congreso asistiron Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, José González Vázquez, Conselleiro de Emprego e Alberto Garnil, presidente do Clúster da Comunicación de Galicia e director do congreso.
Garnil destacou as seis edicións que Flúor leva xa ás súas costas, convertíndose nun evento de referencia que atrae a Pontevedra tanto aos profesionais galegos como a empresas de toda España. González Vázquez, pola súa parte, destacou a importancia da“dixitalización e a innovación”para os negocios na actualidade, sinalando que“Galicia é unha terra de emprendedores”e as ferramentas que congresos coma o Flúor brindan a profesionais e empresas de cara a esta innovación.
Fernández Lores foi o encargado de pechar o acto, destacando como Pontevedra énchese nestes días de talento consolidándose como“unha cidade creativa”que“exporta talento internacional”. Ademais, destacou o agarimo co que os pontevedreses acollen aos seus visitantes: “como cidadáns acollemos e aprendemos, todo o que nos visita está na súa casa”.
A sede de Afundación reuniu esta mañá a 600 personas, completando o aforo do auditorio, que pudieron escoitar de primeira man a experiencia e as anécdotas de referentes internacionais como Luis Bassat, unha das personalidades máis esperadas nesta edición. Bassat, un referente no mundo da publicidade, fundador de Bassat Ogilvy recoñecido con máis de 400 premios, gañouse a un auditorio cheo contando como foron os seus comezos no mundo da creatividade. Recordou a súa experiencia como vendedor, antes de convertirse en publicista e creativo, con anécdotas sobre como convenceu ao dono dun bar a poñer un televisor para gañar clientes os domingos, cos partidos de fútbol.“Siempre vendí los productos con argumentos racionales y que sean beneficiosos para el comprador”, explicou. Deses 5 anos, que foron “como un máster”, despegou a súa carreira ata converterse nunha das voces máis importantes da publicidade no país e unha figura de inspiración para moitos profesionais e estudantes que tiveron a oportunidade de escoitalo en Pontevedra.
Outro dos puntos fortes do día foi Flúor Voices, coa participación de Toni Segarra, publicista e creativo cuxos eslóganes trascenderon á cultura popular (“Bienvenido a la república independiente de mi casa” ou “¿Te gusta conducir”); Andy Stalman, destacado conferenciante e un dos referentes mundiais en branding, que falou do impacto da Intelixencia Artificial no sector. Óscar Vales, fundador e CEO de Vazva e WE Sustainability, trasladou ao público a súa experiencia con marcas con propósito e activistas.
Ademais, estarán presentes máis de 15 relatores de empresas punteiras como Fnac, Jägermeister, Hoteles NH Collection, Finetwork, Pilgrim e Adidas. Nelas falarase das novas oportunidades para negocios dixitais, estratexia de marca, o diseño dende un punto de vista vangardista, reflexionando sobre as últimas tendencias e o futuro do sector. Aos relatorios individuais súmase outra mesa redonda sobre o Retail Media, coa participación de empresas como BeaLion, Reetmo e Profitlogiq, ou Inês Fonseca, Head of Marketing Southern Europe de Johnnie Walker, que participará nunha mesa redonda sobre a relación entre música e marcas.
Estos relatorios e mesas redondas ocupan a xornada do xoves 30, na que tamén haberá espazos de networking e un novo evento, o Flúor Fest, pensado para que participantes e asistentes poidan coñecerse de primera man e compartir vivencias e puntos de vista sobre o sector.
Programa e horarios dispoñible en: https://congresofluor.com/
O Clúster da Comunicación de Galicia: a cadea de valor da industria reunida
Flúor é unha das iniciativas que leva a cabo o Clúster da Comunicación de Galicia, co obxectivo de reunir aos profesionais do sector nun evento que sirva de inspiración e referencia. O Clúster reúne a toda a cadea de valor da industria en Galicia, poñendo en valor ás súas empresas e profesionais do márketing, comunicación, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, axencias de medios, eventos ou impresores. Actualmente está integrado por 233 entidades (empresas, asociacións e centros tecnolóxicos ou de formación), entre as que se atopan Markea, Asociación Galega de Marketing, OPC Galicia, Creatividade Galega e Dircom, Asociación de Directivos de Comunicación.