O Clúster da Comunicación de Galicia avanza no proxecto interrexional PEGADAS

O Clúster da Comunicación de Galicia avanza no proxecto interrexional PEGADAS

 

Continuando co avance do proxecto PEGADAS, recentemente celebrouse a última reunión en Valença do Minho, no que o equipo logrou avanzar en diferentes tarefas para a posta en marcha do proxecto. En PEGADAS participan diferentes entidades de Galicia e Portugal e ten como obxectivo crear un programa destinado á mocidade que mestura aprendizaxe, cultura e natureza no marco do Camiño de Santiago. Un programa formativo único no que os participantes formaranse como profesionais e tecerán ligazóns entre culturas.

O proxecto, que está cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, ten como finalidade fomentar a empleabilidade da xente nova a través de mini expedicións no Camiño de Santiago ao mesmo tempo que pon en valor esta ruta histórica. De este xeito, deseñarase un itinerario formativo basado en tres pilares fundamentales: emprendemento, dixitalización y sostibilidade. Coa participación en PEGADAS, o Clúster da Comunicación de Galicia reforza o seu compromiso co desenvolvemento profesional dos novos, a valorización do Camiño de Santiago e a cooperación transfronteriza entre Galicia e Portugal.

Son beneficiarios xunto ao Clúster da Comunicación de Galicia, de PEGADAS a Universidade de Santiago de Compostela, FEMXA; CIM Alto Minho; Instituto Politécnico de Viana do Castelo e o Instituto Politécnico do Porto.

Máis información en: pegadas.eu