Nova imaxe do Clúster da Comunicación de Galicia

Presentamos a nova imaxe do Clúster da Comunicación de Galicia

O Clúster da Comunicación ten a labor de comunicar e iso é precisamente o que quere facer agora, comunicar que ten nova imaxe.

Esta nova identidade visual representa o que é o Clúster agora pero tamén o que quere chegar a ser, como marca propia e en representación de todas e todos os profesionais que forman parte dela.

Con este cambio ábrese camiño cara novos obxectivos, o de potenciar aínda máis a creatividade e innovación para mellorar a competitividade de todo o sector. A través desta identidade fala unha marca comprometida e orgullosa do traballo propio e alleo, que comparte, conecta, conversa, participa activamente, gusta e sorprende.

Este é o primeiro paso do Clúster da Comunicación de Galicia cara un cambio inminente, no que o talento será o centro de todo e a súa misión posible a de chegar a ser aínda mellores.

Que é o Clúster da Comunicación de Galicia?

O Clúster é unha marca aberta, colaborativa. Unha asociación de asociacións que reúne a 233 empresas, profesionais, centros tecnolóxicos e de formación que nos dedicamos á comunicación. Iso é moita xente representando un sector moi grande, con moita relevancia para o resto da sociedade.