Manifesto do Clúster
Manifesto
Somos o Clúster de Comunicación e o noso labor como comunicadores é, precisamente, comunicarvos algo. Pero quizais, primeiro, temos que comunicar que é o Clúster da Comunicación.
233 empresas, asociacións, centros tecnolóxicos e de formación que nos dedicamos a comunicación. 2-3-3 socixs, iso é moita xente representando un sector moi grande, con moita relevancia para o resto da sociedade.
E agora si, o que vos queríamos comunicar: temos nova imaxe.
Antes o Clúster era dunha maneira e agora, somos outra cousa, que en esencia segue a ser o mesmo, pero á vez é completamente distinta.
Este é o Clúster da Comunicación de Galicia agora.
O Clúster que potencia a creatividade e innovación, porque ten como firme obxectivo ser un referente no mercado. O que gusta, engancha e chega a xente. O que mellora a competitividade de todo un sector. O que consegue novas oportunidades de crecer, fomenta a colaboración e pon en valor o traballo propio e alleo, o que se define orgulloso como plural, diverso e cooperativo.
Este é o Clúster que ten ganas de falar, compartir, dar ideas e conversar, de sorprender, gritar, escoitar, comunicar… Porque para iso somos o Clúster da Comunicación, non?
A nosa misión posible, o noso propósito hoxe e cara o futuro, é por en valor o talento de todo un sector para gustar, sorprender e chegar a ser aínda mellores.
Tooooodo isto é Clúster.