Luis Bassat abrirá a sexta edición do Flúor

O publicista Luis Bassat abrirá a sexta edición do congreso de márketing Flúor mañá xoves en Pontevedra

O congreso de márketing Flúor arranca en Pontevedra a súa sexta edición. O xoves 30 será o inicio de dúas xornadas nas que a ciudade galega se convertirá no referente para os profesionais do márketing, publicidade e a comunicación.

Os días 30 e 31 de maio a sede de Afundación congregará a algunas das voces máis relevantes do sector da publicidade e a creatividade. Ademais, será o punto de encontro da industria galega, con relatorios, talleres ou espazos de networking

O congreso de márketing Flúor é un dos eventos máis destacados do sector, pola súa capacidade de atraer a Pontevedra voces destacadas do mundo da publicidade e comunicación a nivel mundial. O Clúster de Comunicación de Galicia, que agrupa a 233 empresas e axencias,  organiza este evento co obxectivo de situar a Pontevedra como un enclave referente á hora de falar das últimas tendencias na industria e reivindicar a importancia do sector da comunicación, o márketing e a publicidade en Galicia. O evento está patrocinado polo Concello de Pontevedra. Conta co apoio da Xunta de Galicia, Abanca, Recados Carmen e Raiola Networks e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Avante Medios, Ofiprecios, Sutag e Mardy Bum.

O xoves haberá relatorios de Toni Segarra e Andy Stalman, entre outros, xunto con mesas redondas sobre a actualidade do sector

Luis Bassat, unha das voces referentes no mundo da publicidade, -fundador de Bassat Ogilvy recoñecido con máis de 400 premios- será o encargado de abrir a xornada ás 9:45h, cun relatorio no que trasladará ao público as súas reflexións e a súa experiencia sobre a creatividade. Outro dos puntos fortes do día será Flúor Voices: a partir das 17:10 pasarán pola sede de Afundación Óscar Vales, fundador e CEO de Vazva e WE Sustainability, para falar de marcas con propósito e activistas; Toni Segarra, publicista e creativo cuxos claims trascenderon á cultura popular (“Bienvenido a la república independiente de mi casa” o “¿Te gusta conducir””); Andy Stalman, destacado conferenciante e un dos referentes mundiales en branding, que falará do impacto da Intelixencia Artificial no sector.

Ademais, estarán presentes máis de 15 relatores de empresas punteiras como Fnac, Jägermeister, Hoteles NH Collection, Finetwork, Pilgrim e Adidas. Nelas falarase das novas oportunidades para negocios dixitais, estratexia de marca, o diseño dende un punto de vista vangardista, reflexionando sobre as últimas tendencias e o futuro do sector. Aos relatorios individuais súmase outra mesa redonda sobre o Retail Media, coa participación de empresas como BeaLion, Reetmo e Profitlogiq, ou Inês Fonseca, Head of Marketing Southern Europe de Johnnie Walker, que participará nunha mesa redonda sobre a relación entre música e marcas.

Estos relatorios e mesas redondas ocupan a xornada do xoves 30, na que tamén haberá espazos de networking e un novo evento, o Flúor Fest, pensado para que participantes e asistentes poidan coñecerse de primera man e compartir vivencias e puntos de vista sobre o sector.

Programa e horarios dispoñible en: https://congresofluor.com/programa/

O Clúster de Comunicación de Galicia: a cadea de valor da industria reunida

Flúor é unha das iniciativas que leva a cabo o Clúster de Comunicación de Galicia, co obxectivo de reunir aos profesionais do sector nun evento que sirva de inspiración e referencia. O Clúster reúne a toda a cadea de valor da industria en Galicia, poñendo en valor ás súas empresas e profesionais do márketing, comunicación, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, axencias de medios, eventos ou impresores. Actualmente está integrado por 233 entidades (empresas, asociacións e centros tecnolóxicos ou de formación), entre as que se atopan Markea, Asociación Galega de Marketing, OPC Galicia, Creatividade Galega e Dircom, Asociación de Directivos de Comunicación.