iconweb recibe 4 premios no Smile Festival 2017

15 de marzo de 2017

A axencia galega de deseño web e marketing dixital iconweb gañou na 7ª edición do Festival Europeo da Publicidade e o humor Smile Festival, nas 4 categorías ás que foi nominada.

Estes catro galardóns corresponde a dúas campañas de autopromoción nas que se recoñece a creatividade e a innovación no xeito de comunicar.

Campaña “Un cumpreanos ¿con piñata ou tartazo?” Premios de Mellor Marketing Directo e Promocional e Mellor Creatividade en Acción de Fidelización.

Acción combinada offline-online de marketing directo e autopromoción para festexar o 2º aniversario da axencia. Fíxose participar aos clientes nun divertido xogo baseado nos códigos “PINATA” “TARTAZO”.

Campaña “Para chegar lonxe hai que sudar”. Mellor Creatividade en Marketing Directo e Promocional e Mellor Eficacia en Acción de Fidelización de Clientes.

Acción de fidelización e promoción da marca dirixida a clientes e non clientes seleccionados para recibir  un aguinaldo de Nadal. Xogando cos conceptos do logotipo da axencia e a súa frase representativa nace a acción: “A forza non ven das cousas que poder facer, senon de superar aquelas que algunha vez pensaches que non poderías“, por eso “Mentras uns dormen, outros sudan para chegar lonxe“. Estas eran as frases que o cliente pudo ler antes de atopar o aginaldo: unha sudadeira totalmente personalizada da axencia en cor gris coas letras bordadas en negro.

Ambas as dúas campañas  foron un completo éxito e conseguiron a notoriedade da marca, axudando a aumentar o número de clientes e tiveron un grande impacto nas redes sociais.