A axencia de marketing Grupo Raíz Digital alumea a Copa da Raíña de balonmán

O novo logo da competición está inspirado en La Farola de Málaga

O Super Amara Bera Bera, equipo donostiarra de balonmán feminino, alzábase onte coa súa sétima Copa da Raíña. A final celebrouse en Málaga e tivo un toque artístico. O que lle imprimiu o logo do torneo, deseñado pola axencia de marketing Grupo Raíz Digital. O deseño está baseado en La Farola de Málaga. Un faro construido en 1817 e que se convertiu en todo un símbolo da cidade.

Para facer a representación gráfica, Grupo Raíz quixo afastarse do clasicismo de usar o alzado ou a planta para lograr un logotipo único. Por elo, apostou por facer unha visualización do monumento desde o interior. O resultado: unha peza xeométrica perfecta que evoca aos comezos e un semicírculo que aporta dinamismo ao logo.

Un deseño, varias interpretacións

Como toda obra gráfica, a creación do Grupo Raíz está aberta a máis de unha interpretación. Nela, pódese percibir ao astro que da nome á Costa del Sol. As cores tamén son representativas do eido xeográfico onde se disputou a final. Os diferentes tipos de azul como unha evocación do mar. A cor branca propia dos pobos malagueños ou o laranxa terral.

“É importante dar unha imaxe ao evento e plasmar todo o que atesora unha cidade”, afirmou Francisco Blázquez, presidente da Federación Española de Balonmán

A Federación Española de Balonmán escolleu o logotipo o pasado 20 de febreiro como unha maneira de dar visibilidade non só á sede da final, senon tamén ao balonmán feminino. Un deporte que aúna xogo en equipounidaderespectoesforzosacrificiopaixón. “É importante dar unha imaxe ao evento e o traballo que leva plasmar todo o que atesoura unha cidade de cara a un torneo tan importante”, afirmou o presidente da Federación Española de Balonmán, Francisco Blázquez.

Artigo extraído de Rúbrica Dixital