Flúor 2024, un éxito en Pontevedra do que se fixeron eco os principais medios de comunicación

Flúor 2024, un éxito en Pontevedra do que se fixeron eco os principais medios de comunicación

Aínda coas emocións a flor de pel e inmersos nunha resaca de ensinanzas e de recordos, podemos afirmar que a VI edición do Congreso Flúor foi un auténtico éxito. Pontevedra foi o escenario dun encontro de profesionais do márketing, da comunicación e da publicidade co obxectivo de pór en valor o traballo realizado na nosa terra xa que, tal e como relatou Marta Ferro, vocal do Clúster da Comunicación de Galicia e CEO de Closet Comunicación nunha entrevista para a TVG: “en Galicia facemos moi bos produtos publicitarios e de márketing, pero temos moito que traballar no xeito de contar o ben que facemos as cousas”.

O congreso congregou a máis de 600 persoas, un evento no que se falou de creatividade da man de profesionais de traxectoria nacional e internacional como Luis Bassat, Andy Stalman ou Toni Segarra. A Intelixencia Artificial, un termo moi importante xa no día a día dos profesionais do sector, ocupou, do mesmo xeito, unha parte esencial da reflexión sobre o futuro da profesión xa que se trata de “unha ferramenta que é ‘humanizada’ por nós mesmos, cando nos proporciona a información”, según destacou Andy Stalman no seu relatoiro.

Ademais de todo iso, Flúor foi un espazo para aprender, no que estudantes de colexios e de universidades galegas como a de Vigo, co Grao en Publicidade e RRPP no seu campus de Pontevedra, e a de Santiago de Compostela, co Grao en Xornalismo, participaron en talleres para coñecer as últimas ferramentas do sector e crear espazos de reflexión sobre a situación actual da publicidade, do márketing e da comunicación. Algo moi necesario, según sinalou Marta Ferro na súa entrevista para a TVG: “para que os novos talentos se empapen de coñecemento e que, aínda que saian a estudar fóra de Galicia, saiban que poden traballar na casa”. 

Co foco aínda posto nas xeracións que están a piques de aterrizar no sector, o Flúor 2024 puxo en marcha o Speed Dating entre empresas e estudantes. “Unha iniciativa do Clúster da Comunicación de Galicia que trata de conectar ós novos talentos coas empresas que traballan na industria”, segundo as palabras de Ferro para A Revista da TVG durante o transcurso do Congreso.

Pero Flúor no só foi un éxito no que se refire a relatoiros, talleres e iniciativas, o Congreso é xa un evento consolidado en Pontevedra que atrae á cidade tanto a profesionais galegos como a empresas de toda España, unha evidencia da que se fixeron eco medios de comunicación autonómicos, nacionais e especializados do sector. De este xeito, publicáronse 65 noticias en medios dixitais, 16 reportaxes en prensa escrita, 1 en radio e 3 entrevistas nos medios audiovisuais.