Ferrol será o centro do mellor da comunicación e da creatividade de Galicia como anfitrión dos IX Premios Paraugas
Ferrol será o centro do mellor da comunicación e da creatividade de Galicia como anfitrión dos IX Premios Paraugas
Os IX Premios Paraugas chegan a Ferrol por segundo ano consecutivo. Esta mañá foi a presentación oficial do certame, que celebrará o 22 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol a entrega de premios. O Clúster da Comunicación de Galicia procura destacar con esta iniciativa ós proxectos realizados en Galicia nas áreas de comunicación, márketing, publicidade ou eventos que destacan pola súa innovación, funcionalidade, boas prácticas e resultados obtidos. Na presentación oficial, no propio Teatro Jofre, participaron diferentes patrocinadores do evento como o Concello de Ferrol, Xunta de Galicia – a través da Axencia Galega de Innovación, GAINou a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
A noite do 22 de novembro pasarán polo teatro os 46 proxectos, candidatos a 18 galardóns nas distintas categorías de comunicación, creatividade, márketing, deseño, impresión ou eventos. Ademáis, durante a gala entregaranse os Premios Honoríficos que este ano son para a xornalista viguesa María Rey, en Comunicación, e os creativos Marta Rico e Miguel García Vizcaíno, en Creatividade.
“Ferrol volverá ser capital da industria da comunicación e do márketing e punto de encontro das mellores empresas do sector” afirmou o alcalde da localidade, Jose Manuel Rey Varela, quen calificou estes premios como unha alianza entre Ferrol e o Clúster “preparada para durar moito tempo”. A delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros destacou a comunicación como “un sector chave que impulsa o desenvolvemento da identidade cultural e económica” e o apio que se oferta desde GAIN a iniciativas do Clúster da Comunicación de Galicia como os Premios Paraguas. Francisco Barea, presidente de la Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao agradeceu a aposta pola localidade para facer entrega dos premios así como a importancia do sector para Galicia.
Alberto Garnil, presidente do Clúster da Comunicación de Galicia agradeceu ao Concello de Ferrol o apoio para esta nova edición dos premios, así como o do resto de patrocinadores e colaboradores. Garnil destacou o bo momento que vive o sector en Galicia que se reflicte en máis de 25o candidaturas para os Premios Paraugas, que finalmente conta con 46 finalistas. Ademáis, como novidade nesta edición o público pode participar para outorgar o Premio do Público, con votacións abertas na páxina web dos Premios Paraugas ata o día 15 de novembro. Outros premios destacados que se repartirán na gala do día 22 será o Paraugas de Ouro, ou o Premio Novos Talentos.
O Clúster da Comunicación de Galicia organiza este certame desde o ano 2016 e con el búscase poñer en valor a calidade do traballo feito desde a comunidade, así como enxalzar a función da creatividade, o deseño, a impresión, a edición, o márketing, a comunicación e os eventos como medio para aumentar a competitividade e a capacidade de innovación do tecido empresarial de Galicia.
O Clúster da Comunicación de Galicia
O Clúster da Comunicación de Galicia ten o obxectivo de reunir aos profesionais do sector, a toda a cadea de valor da industria en Galicia, poñendo en valor ás súas empresas e profesionais do márketing, comunicación, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, axencias de medios, eventos ou impresores. Actualmente está integrado por 233 entidades, entre as que se atopan empresas, asociacións e centros tecnolóxicos ou de formación.