Éxito #FLÚOR21: máis de 300 asistentes presenciais e 1.000 por internet conectados co márketing dixital

8 de outubro de 2021

O Congreso Atlántico de Marketing Dixital FLÚOR reuniu a máis de 300 asistentes presenciais e 1.o00 por internet, e confirma a súa celebración en 2022 en Pontevedra

O evento ofreceu 15 conferencias, 2 mesas redondas e 4 talleres prácticos, durante 2 días: xoves 7 e venres 8 de outubro.

Interviñeron 25 expertos de empresas como Google, TikTok, Prestashop, Coca-Cola Europacific Partners, Movistar+ ou Palladium Hoteis ademais de expertos como José C. Cortizo ou Javier Consuegra, axencias e influencers de primeiro nivel

 Está promovido polo Cluster da Comunicación de Galicia, que integra a toda a cadea de valor do sector: márketing, publicidade, comunicación, impresión, deseño

O 3º Congreso Atlántico de Marketing Dixital FLÚOR clausurouse hoxe venres ás 14:00 horas, cunha participación de máis de 300 asistentes presenciais e máis de 1.000 por internet (“ streaming”). Ademais, confirmou a súa celebración en 2022, de novo en Pontevedra. Trátase do maior evento sobre márketing dixital do Noroeste de España, con 2 días intensos de actividade, e que reuniu no Auditorio de Afundación en Pontevedra a máis de 25 relatores de primeiro nivel de España e Portugal.

Flúor ofreceu 21 actividades, divididas en 15 conferencias, 2 mesas redondas e 4 talleres prácticos. Todos eles serán impartidos por máis de 25 especialistas en Negocio Dixital, Publicidade Dixital & Branding e Social Media. Entre os relatores figuran directivos de Google, TikTok, Prestashop, Movistar+ ou Palladium Hoteis, ademais de expertos, axencias especializadas e comunicadores dixitais.

AGRADECEMENTOS

Un congreso como #FLÚOR21 unicamente é posible grazas ó apoio dos nosos patrocinadores e colaboradores. O patrocinador principal continuou sendo o Concello de Pontevedra, cidade que un ano máis acolleu a versión presencial. Tamén, contamos co apoio de:

Patrocinadores Gold: Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.

Patrocinadores Silver: ICON, Avante Evolumedia e Abanca.

Patrocinadores Business: Dinahosting, Galicia Calidade, Redegal e Roi Scroll.

Colaboradores: Miraveo,  Coca-Cola, Autocares Rías Baixas, Root Café, Elemental Chefs, Cactus Digital e Loft Confort.

Colaboradores sectoriais : Creatividade Galega, Dircom Galicia, Opc Galicia, Executivas de Galicia y Associação Portuguesa dos Profissionais de Marketing-APPM.

Proxecto cofinanciado por: