Estos son os proxectos finalistas dos IX Premios Paraugas, nos que o público pode votar polo seu favorito
Estos son os proxectos finalistas dos IX Premios Paraugas, nos que o público pode votar polo seu favorito
Os Premios Paraugas dan a coñecer aos finalistas da súa IX edición, proxectos realizados en Galicia nas áreas de comunicación, márketing, publicidade ou eventos que destacan pola súa innovación, funcionalidade, boas prácticas e resultados obtidos. En total son 46 proxectos que se disputarán 18 galardóns na gala do 22 de novembro, que por segundo ano consecutivo celebrarase no Teatro Jofre de Ferrol.
Os proxectos xa se poden consultar na páxina web dos Premios Paraugas e, como novidade desta edición, o público pode votar polo seu favorito e así outorgar o novo Premio do Público. En total entregaranse durante a gala 18 galardóns, entre os que destaca o Paraugas de Ouro, considerado o máis grande do certame, xa que se outorgará ao proxecto que destaque de forma especial por encima dos seus competidores, de calquera categoría. Na mesma gala tamén se entregarán os Premios Honoríficos de Creatividade, en recoñecemento este ano á traxectoria de Marta Rico e Miguel García Vizcaíno e o de Comunicación, á xornalista galega María Rey. O Clúster da Comunicación de Galicia organiza este certame desde o ano 2016 e con el búscase poñer en valor a calidade do traballo feito desde a comunidade, así como enxalzar a función da creatividade, o deseño, a impresión, a edición, o márketing, a comunicación e os eventos como medio para aumentar a competitividade e a capacidade de innovación do tecido empresarial de Galicia.
CATEGORÍA IMPRESIÓN
Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Traballo de Impresión en Papel / Mellor Traballo Impreso en Gran Formato
● Pisando charcos – Almudena Fernández Fariña-CGAC. Gráficas Anduriña
● Científicas que inspiran – Ingenyus marketing inteligente. Global Print.
● PANTHERA tigris. – Kalandraka Editora. Gráficas Anduriña
● Hotel Hesperia Sevilla – Imprimeverde
CATEGORÍA DE DESEÑO
Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico
● Sparking Truth – Quattro IDCP-Resonac
● Branding Ginebra PA311 – Tio Phil
● Branding Ataquilla – Tio Phil-Ataquilla (Afundación)
Finalistas Premio Paraguas ao Mellor Deseño Industrial ou de Producto
● Mecedora Carlei CLM – Slab Arquitectura de Interiores
● Mesas trillizas – León López de la Osa González
● LEGATUM – Siete Olas-Fina Rei
Finalistas Premio Paraguas ao Mellor Deseño Dixital
● Web Ataquilla – Recados Carmen-Redegal-Ataquilla (Afundación).
● Web Ginebra PA311 – Tio Phil
● Web Flúor 2024 – Recados Carmen
CATEGORÍA CREATIVIDADE
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Idea
● Vente arriba Ferrol – Recados Carmen-Concello de Ferrol
● B Corp_Arreglando el mundo – Imaxe-Proximia-Estrella Galicia
● Que este Black Friday te pille entrenado – Recados Carmen-Fnac
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Campaña
● R Voemos – Imaxe-Proximia-R (grupo MasOrange)
● Que este Black Friday te pille entrenado – Recados Carmen-Fnac
● B Corp_Arreglando el mundo – Imaxe-Proximia-Estrella Galicia
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Produción (Craft)
● Nortada – Tio Phil-Daniel Sambad
● Nova York – Imaxe-60 Ráfagas-Ratibrom
● Turismo de Galicia 2024 – Tio Phil-Canal Uno-60 Ráfagas
CATEGORÍA MÁRKETING
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Márketing
● Lanzamiento red social Feeberse – Mardy Bum
● El robo del año – Plan Cabo Suelto-Estrella Galicia-Imaxe-Proximia
● R Combo Inmortal – Imaxe-Proximia-R (grupo MasOrange)
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Acción de ‘Branding’
● Lo del Emérito, en dos días – quattro IDCP-Bualá (luz y ya)
● Non pode ser máis de aquí – RC Celta de Vigo
● La canción del verano – Wise-COFC
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Experiencia de Marca
● La Matriculata – Canal Uno-ANFACO-CECOPESCA
● A Nosa Verbena – Idea Creatividad-Proximia-Ortiga-Estrella Galicia
● El robo del año – Plan Cabo Suelto-Estrella Galicia-Imaxe-Proximia
CATEGORÍA COMUNICACIÓN
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Estratexia Global de Comunicación
● Vigo a través de Vitrasa – Torres y Carrera. Vitrasa (Grupo Avanza)
● Home tiña que ser – As Peaky Branders-Universidade de Vigo
● A responsabilidade social de comunicar sobre a minería – Atrevia- Cámara Oficial Mineira de Galicia
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Práctica/Estratexia de Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial
● Tolerancia cero – LAS-DOS Comunicación-Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
● Construindo un PortAmérica máis sostible – Esmerarte Industrias Creativas
● B Corp_Arreglando el mundo – Imaxe-Estrella Galicia
CATEGORÍA EVENTOS
Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Congreso Profesional ou Evento Corporativo
● Convención Abanca 2024 (10ºAniversario) – Abanca
● New Space España 2024 – Bannister Global-Alén Space
● Entrega de premios do programa de aceleración dixital de artesanos, BIGCRAFTERS – Grupo 76- Estrella Galicia
Finalistas Premios Paraugas ao Mellor Evento Cultural, Gastronómico ou Musical
● Festival Creativa 2024 – Chachacha Studio
● Vigo Porté 2024 – Torres y Carrera
● Galicia Fórum Gastronómico 2024 – Trevisani
PREMIOS ESPECIAIS
Finalistas Premio Paraugas Novos Talentos
● O que nada ten, nada lle falta – Xulia Vicente
● Rebrandig Vegana.gal – Andrea Mariño
● Creación de Marca de Delila: Festival Internacional de Cine Hecho por Mujeres – Rocío Diz.
O Clúster da Comunicación de Galicia
O Clúster da Comunicación de Galicia ten o obxectivo de reunir aos profesionais do sector, a toda a cadea de valor da industria en Galicia, poñendo en valor ás súas empresas e profesionais do márketing, comunicación, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, axencias de medios, eventos ou impresores.
Actualmente está integrado por 233 entidades, entre as que se atopan empresas, asociacións e centros tecnolóxicos ou de formación.