Este venres finalizaron os “Obradoiros de dixitalización” nos que participaron doce empresas socias

Este venres finalizaron os “Obradoiros de dixitalización” nos que participaron doce empresas socias

Esta mañá celebrouse a última sesión dos Obradoiros de Dixitalización: “Exploración de tecnoloxías DATA a través do adestramento práctico”, unha iniciativa financiada polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica e deseñada especificamente para empresas do sector da comunicación.

O programa pechouse co obradoiro práctico “BI: Aplicación á toma de decisións”, impartido por Alejandro García, responsable da área de BI en Elige Plus. Onte celebrouse de forma en liña a sesión “Conclusións diagnósticos: posta en común e posibles proxectos de implantación”, con Gerardo Estévez, director de Elige Plus.

O Clúster da Comunicación de Galicia organiza estes obradoiros, nos que participaron 12 empresas socias. O programa tivo un enfoque eminentemente práctico, co obxectivo de axudar ás persoas participantes a explorar e aplicar ferramentas de intelixencia artificial (IA) e business intelligence (BI) nos procesos e decisións das súas empresas. Ademais, cada entidade participante recibiu un diagnóstico individualizado con recomendacións adaptadas á súa situación.

O Clúster da Comunicación de Galicia busca con este proxecto mellorar as capacidades dixitais das empresas galegas do sector, así como detectar oportunidades colectivas para impulsar proxectos sectoriais transformadores.