Oferta de contratación de servizos para o proxecto PEGADAS


Oferta de contratación de servizos para o proxecto PEGADAS
O Clúster da Comunicación de Galicia, como beneficiario do proxecto transfronteirizo PEGADAS (Interreg POCTEP España-Portugal 2021-2027), lanza dúas ofertas para a prestación dos seguintes servizos:
- Produción audiovisual → Creación de 6 vídeos promocionais en español e portugués.
Redeseño, execución e actualización da web PEGADAS
SOBRE PEGADAS
PEGADAS é un proxecto transfronteirizo (Interreg-Poctep) España-Portugal (2021-2027) que ofrece a mozos unha experiencia transformadora no Camiño de Santiago, mediante expedicións enfocadas a potenciar a súa empregabilidade.
Cun itinerario formativo baseado en emprendemento, dixitalización e sustentabilidade, os participantes recibirán formación que lles permitirán desenvolver habilidades antes de iniciar cada roteiro. Durante o traxecto, participarán en diferentes actividades locais, que lles permitirán explorar a cultura do Camiño. Ao final de cada expedición, realizarán unha curtametraxe para reflectir a súa aprendizaxe e dar visibilidade a este histórico roteiro.
O Clúster da Comunicación de Galicia participa como beneficiario no proxecto Pegadas Interreg POCTEP xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, CIM Alto Minho, IPVC, P.Porto e Femxa.
Condicións da oferta
Os detalles completos de cada oferta de contratación poden consultarse e descargarse nas seguintes ligazóns:
OFERTA CONTRATACIÓN VÍDEOS_PEGADAS
OFERTA CONTRATACIÓN WEB_PEGADAS
Prazo de presentación
Ata o venres 14 de febreiro de 2025 ás 14:00 h.