O proxecto PEGADAS presentarase en Vigo nun evento aberto a entidades interesadas

O proxecto PEGADAS presentarase en Vigo nun evento aberto a entidades interesadas

 

Durante os últimos meses o Clúster da Comunicación de Galicia participou como beneficiario na posta en marcha do proxecto PEGADAS. O proxecto, que está cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VIN-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, ten como finalidade fomentar a empregabilidade da xente nova a través de mini expedicións no Camiño de Santiago ao mesmo tempo que pon en valor este roteiro histórico. Desta maneira, deseñarase un itinerario formativo baseado en tres piares fundamentais: emprendemento, dixitalización e sustentabilidade.

O próximo 7 de marzo PEGADAS terá a súa primeira presentación oficial en Vigo, nun evento onde se darán a coñecer as características deste programa entre entidades interesadas en unirse ao proxecto. Durante o evento explicarase como PEGADAS deseña itinerarios formativos únicos que combinan teoría e práctica no Camiño de Santiago, brindando ás novas experiencias transformadoras. Desta forma ofrecerase ás entidades que se unan a PEGADAS participando na difusión e participación activa no proxecto, beneficiando a mozos no seu desenvolvemento profesional.

O evento será o 7 de marzo ás 12:30 no Espazo Redeiras de Vigo.

As entidades interesadas en asistir poden inscribirse nesta ligazón