EXPOURENSE

Expourense
Contacto:
A Fundación Expourense é unha plataforma que contribúe, a través da organización de citas únicas, a fomentar a competitividade das empresas galegas e a facilitar contactos internacionais, sobre todo en sectores estratéxicos como o termalismo, a gastronomía, o viño, o turismo activo ou a automoción.É o centro de Convencións de Ourense, porta de entrada a Galicia. A 2 horas e 15 minutos da capital de España.
Local multifuncional con instalacións versátiles e todo o equipamento necesario para organizar calquera tipo de evento.
Con 32.000 metros cadrados dispoñibles, dos que 14.000 están construídos, e cunha das mellores pistas de atletismo cuberta de Europa.
O noso equipo conta con máis de 25 anos de experiencia na organización de feiras internacionais e planificación de eventos.
Ofrecemos servizos de asesoramento técnico, telemarketing, vendas, comunicación, redes sociais.
Contacto: