Comunicación al plato volve coa súa segunda edición
Comunicación al plato volve coa súa segunda edición
O Clúster da Comunicación de Galicia retoma actividade logo do verán co evento Comunicación al plato o vindeiro 25 de setembro, un evento informal e distendido para xerentes, CEOs e fundadores de empresas do Clúster.
O obxectivo deste encontro é compartir inquietudes e coñecernos mellor para xerar alianzas e fortalecer o noso sector. As prazas para participar no evento están limitadas a 10 persoas. Se queres participar, podes inscribirte neste formulario.
Comunicación al plato celebrarase no restaurante compostelán A Casa da Viña (Rúa de San Lázaro, 54, 15703 Santiago de Compostela) e os asistentes terán que aboar o custo da comida (o precio medio aproximado é de 40€).
Agardamos verbos alí!